Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2010

GRUPOS V FESTIVAL REBULIR B.M.T.

Preme enriba da imaxe para agrandala. A dous meses da celebracion do V Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional presentamos os grupos que nos visitarán nesta edición conformando o cartaz definitivo. Quedades emprazad@s o 18 de Decembro no Polideportivo de O Picouto (Ramirás) para disfrutar deste encontro multicultural.

ACTIVIDADES CURSO 2010/2011

Tras presentar o pasado Sábado o horario das clases regulares de baile e música tradicional desta escola, correspondentes ao curso 2010-2011. Presentámosvos agora a programación de actividades culturais e de lecer para os vindeiros meses. - 18 e 19 de Decembro - V Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional. O cal este ano adquire maior nivel internacional coa presenza de grupos procedentes de Galicia, outras comunidades autónomas, e mesmo estranxeiros. - 19 de Decembro - Foliada. Dentro da programación do V Festival Rebulir, aproveitaremos para facer unha sesión libre de música tradicional no bar "Onde Queiras" de Celanova, contando coa presenza dos grupos participantes do Festival. - 26 de Decembro - Inauguración exposición "Voltando aos tempos de antes" fotografias antigas de Ramirás e comarca. - Xaneiro - Xuño de 2011 - IV Concurso de Fotografía Antiga - 5 e 6 de Xaneiro - Cantos de Reis. Recuperación desta manifestación tan tradicional polos diferentes pobo