Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2009

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA. PECHE DE PRAZO

Recordade que esta semana é a derradeira para poder entregar as Fotografías que queirades presentar ao II Concurso de Fotografía Antiga. Xeitos e lugares de entrega: - Lúns a Venres en horario de mañá no Concello de Ramirás - Sábado de 16:00 h a 18:00 h no local de Rebulir - E tamén por correo postal a: Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional Praza de San Andrés, s/n. 32810. Vilavidal Ramirás - Ourense É importante que as fotografías veñan en sobre pechado con pseudónimo, e que cada unha delas veña acompañada da ficha correspondente. En caso contrario quedarán fora de concurso.

FESTIVAL EN CELA-BUEU

O vindeiro Domingo irémonos ata Cela - Bueu, convidados polos amigos de Retrouso. Alí actuaremos no festival que organizan, aquí vos deixamos o cartaz do mesmo.

Actuación na Romaría das Portas Abertas

Na tarde do vindeiro Domingo 23, os gaiteiros de Rebulir teremos que acompañar a procesión das Portas Abertas no Concello de Ramirás, tras esta e a correspondente celebración relixiosa, animaremos un pouco o torreiro botándolle unhas pezas.

XXVI XORNADAS DE FOLCLORE

O lúns día 10 comezan en Ourense as XXVI Xornadas de Folclore, que este ano contarán no seu programa cos seguites grupos: - Portugal: Etnográfico da Areosa - Filipinas: Compañia de Danza Folklorico Filipino - Filipinas: Leyte Kalipayan Dance Troupe - China: Compañía de Canto y Danza Folklórica del Sudeste de Guizhou. - Taiwan: Taiwan Folk Music Ensemble - Índia: Shildagya - Romanía: Doina Timisului" - Arxentina: Gran Ballet Argentino - México: Ballet Folklórico de la Universidad de Colima - República de Daguestán: Grupo “Gergebil” - República de El-Mari (Rúsia): Conjunto Folklórico Mari El - Sudáfrica: Gauteng Provincial Troupe - Armenia: Nairi Percorrerán durante 10 días as principais vilas da Provincia de Ourense e mesmo se achegarán as veciñas de Monforte (Lugo) e Chaves (Portugal). Recomendámosvos que asistades porque é un espectáculo que realmente merece a pena, polo nivel dos grupos que veñen. Se queredes ter máis información do programa podedes consultalo en: http://www.mun

E AGORA...

Tras irnos a terras lusas o pasado Domingo onde actuamos no Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao, agora toca descansar uns días para logo retomar na fin de semana do 22 e 23 de Agosto na Romaría das Portas Abertas en Ramirás. Aquí acompañaremos a procesión e máis tocaremos na sesión vermut. E logo, xa o Domingo 30 deste mesmo mes irémonos ata Cela - Bueu, convidados polo grupo Retrouso, a participar nun Festival de Baile e Música Tradicional.