Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2009

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “IIº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes Bases: 1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc. 2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítrofes (Comarca Terras de Celanova). 3. O concurso terá unha única categoría e dous premios especiais : - Premiarase a Mellor Colección de Fotografías - P

REBULIR NO FACEBOOK

Como moitos xa sabedes xa estamos no Facebook, así xa temos outra vía de informar as actividades que facemos e máis por onde andamos. O taboleiro deste grupo serviranos tamén para que deixedes suxerencias e así poder saber a vosa opinión. Se queredes facervos do grupo de Rebulir podedes facelo a través do seguinte enlace: Facebook Rebulir

FIN DE CURSO 2008/09

O Sábado rematamos o curso 2008/09 con un sorriso de orgullo, posto que a xornada foi un éxito en canto a participación de membros, familiares e amigos e foi un día no que non nos podemos queixar de como sairon as cousas, os rapaces bailaron e tocaron mellor que nunca (é o que ten xogar en casa). Agora só queda facer avaliación deste ano e comezar a pensar no vindeiro ano, aínda que durante o verán andaremos por festivais, romarías, festas, alboradas... mostrando todo o aprendido. As fotos desta xornada, xa as podedes ver na parte de abaixo desta páxina, e o vindeiro Domingo o Suplemento Vida do Xornal La Región recollerá fotografías das diferentes actividades.

FESTA FIN DE CURSO 2009

FOTOS VENRESPIRAR

@s amig@s de Gomes Mouro xa colgaron no seu espazo as fotos do derradeiro Venrespirar da tempada, onde colaboramos coa festa tocandolle unhas poucas pezas e botandolle unhas bailas. Podedes velas no seguinte enlace: http://aoftou.spaces.live.com

FESTA DE FIN DE CURSO EN REBULIR

O Vindeiro día 20 de Xuño en Rebulir celebraremos o Fin de Curso cunha festa na que teremos actividades durante toda a Xornada. Nos vindeiros días publicaremos o cartaz co programa das mesmas. Tras este acto non veñen as vacacións senón que ven un Verán axetreado de actuacións. De momento podemos sinalar as seguintes: - 2o de Xuño: Fin de Curso - 25 de Xullo: Festival en Tordoia (A Coruña) - 2 de Agosto: Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao (Portugal) - 19 e 20 de Setembro: Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro (Portugal) - E polo medio de todas estas outras Romarías e Festas, pendentes de confirmar.