Ir al contenido principal

ACTIVIDADES DE NADAL EN REBULIR

Tras presentar a semana pasada o cartaz da III edición do Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir , agora damos a coñecer as demais actividades que conformarán o programa de Nadal da nosa escola.

- Sábado día 20 de Decembro. III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir coa participación dos grupos: Retrouso de Cela (Bueu), Brisas do Quenllo (Tordoia), Etnográfico Vila Praia de Ancora (Portugal), Castro Floxo (Ourense) e Rebulir (Ramirás) . Terá comezo as 19:00 h.

- Sábado día 27 de Decembro. Obradoiro de Xogos Bailados para todas as idades as 17:00 h no Local de Rebulir.

- Sábado día 3 de Xaneiro. Inauguración da Exposición "Os tempos de antes. Fotografías Antigas de Ramirás", no Centro Cultural do Picouto as 18:00 h. Esta exposición rematará o día 17 de Xaneiro.

Comentarios

  1. alguen me pode decir a que hora son as actuacions do dia 20? tamen me gustaria saber se pode asistir toda a xente uo so os cercanos ó grupo rebulir.
    moitas grazas

    ResponderEliminar
  2. Boas Paula.

    A actuación dos grupos será as 19:00 h no Polideportivo de O Picouto (Ramirás).

    A entrada é libre e de balde para todo o que queira asistir sen ter porque ser achegado a Rebulir.

    Un saúdo e esperamos verte por alí.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario