Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2008

PECHADA A MATRICULA

Unha vez pechada a matrícula e facendo reconto de alumnos, superamos as 60 incripcións, todo un record. Asi que teremos que traballar duro con estas novas xeneracións para que cheguen a ser bos/as bailadores e músicos. Aproveitamos para informarvos que o vindeiro Sábado día 1 como é dia festivo non se impartirán clases na escola, polo que ata o día 8 non teremos ensaios.

PECHA PRAZO DE MATRÍCULA

Recordade que este Sábado pecha o prazo de matrícula da EBMT Rebulir para este curso 2008/09. A día de hoxe están matriculadas máis de 50 rapaces/as, co cal aumentamos considerablemente o número do curso anterior. As disciplinas impartidas son as seguintes: Baile Tradicional, Canto tradicional e pandeireta, Percusión e Gaita, e dun xeito transversal que se fai presente en todas as clases Etnografía Galega (Traxe, Danzas, Oficios, Xogos ...). Para matricularse, basta con cubrir a Ficha que se facilita na escola, ou ben mandar por correo electrónico a rebulir@hotmail.com , os datos básicos do rapaz/a que se inscriba (nome, apelidos, teléfono, enderezo, enderezo electrónico, Data de nacemento... etc)

GRUPOS DO III FESTIVAL REBULIR

Xa temos confirmados os grupos que participarán no III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, que como ben sabedes desenvolverase o día 20 de Nadal, no polideportivo de O Picouto. Este ano quixemos achegar ata Ramirás grupos de toda Galicia así como do pais Veciño, conformando un amplo cartaz que quedará do seguinte xeito: - E.B.M.T. Rebulir (Ramirás) - Brisas do Quenllo (Tordoia-A Coruña) - Retrouso de Cela (Bueu-Pontevedra) - Etnográfico de Vila Praia de Áncora (Portugal) - Castro Floxo (Ourense) En canto vaiamos tendo mais información xa iremos subídoa para que estedes ben informados/as de todas as actividades que se vaian organizando para vindeiras datas.

REPORTAXE DE REBULIR

Como sabedes esta fin de semana publicouse no Suplemento Vida do Periódico La Región, unha reportaxe sobre o acto de Comezo de Curso e da Entrega de Premios do I Concurso de Fotografía Antiga.

3º CONCURSO BLOGS 20minutos

O noso blog aspira o premio na sección de blogs de cultura do 3ª edición dos premios 20 Blogs que convoca 20minutos.es. A partir do Domingo que ven poderedes votarnos na seguinte páxina http://www.20minutos.es/premios_20_blogs/ .