Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2008

OBRADOIRO DO TRAXE TRADICIONAL

ARGALLANDO UN NOVO OBRADOIRO

Boas xente. Informámovos que andamos a argallar un obradoiro no que trataremos o tema do traxe tradicional. E preguntarédesvos en que sentido,pois imos ensinar a vestilo e a diferenciar as pezas do mesmo, polo tanto vai dirido os pais e alumnos da escola que tantas veces teñen que poñer o traxe, pero por suposto non está pechado a ninguén que esté interesad@ no tema. A data inda non está pechada, probablemente sexa no mes de Marzo pero inda non temos nada claro, xa vos avisaremos cando o saibamos seguro. Unha aperta.

CHEGAMOS AS 2000 !!

Como vedes no contador xa chegamos as 2000 visitas!! Moitas grazas a todos por visitarnos. Agradeceriamos tamén que deixarades algún comentario no apartado correspondente, xa que todas as criticas positivas ou negativas son de utilidade para seguir mellorando este proxecto. Seguiremos informando. Unha aperta a todos os que nos estades apoiando.

BOA ACOLLIDA ... E SEGUINTES DATAS

Tras a boa acollida no II Serán de Maceda, onde nos trataron estupendamente e o cal lle agradecemos os nosos amigos Chouteiros, Debanadoira e MaÇaeda da Limia asi como o Concello de Maceda. Diremos que as actuacións non rematan aqui polo momento as vindeiras dastas confirmadas son o 17 de Maio na Romeria Raigame de Vilanova dos Infantes e o Encontro Internacional de Folclore da vila de Cacia - Aveiro ( Portugal ) en Setembro, esperamos que saian algunhas actuacións máis durante o ano. Aproveitamos para dicirvos que xa están colgadas algunhas das fotos desta actuación, esperemos ter algunha máis en breve das que sacaran os pais, xa que a nosa cámara acabouselle a bateria no autobús e no seguinte enlace podedes ver as fotos sacadas pola xente da AOFT Gomes Mouro - FOTOS AOFT - e tamén as fotos publicadas na páxina do Concello de Maceda - FOTOS CONCELLO MACEDA - Para complementar todo este material fotográfico poñemos a continuacion un vídeo do momento dos pinchos do serán.

SERÁN MACEDA

NOTICIA NA WEB DO CONCELLO DE MACEDA

INFORMACIÓN PARA O FESTIVAL DE MACEDA

• DATA: Sábado 16 de Febreiro de 2008 • HORA DE SAÍDA: As 17:15 h • LUGAR DE SAÍDA: Praza de San Andrés - Vilavidal • HORA DE ACTUACIÓN: As 19:00 h • LUGAR DE ACTUACIÓN: Antiga sala de festas de Maceda. • HORA DE REGRESO: Tras festival e pinchos. • OUTRAS OBSERVACIÓNS: - As 16:00 h teremos un ensaio xeral no local de Rebulir.Pregamos puntualidade. - A este ensaio terase que vir vestido e preparado ( En Maceda non ai posibilidade de cambiarse ) - No autobús irán solo os membros de Rebulir, solo no caso de que haxa algunha praza libre poderá vir algún pai/nai ou acompañante. - Tras o festival haberá uns pinchos nun principio solo para participantes no festival. - O autobús regresará unha vez finalizados os pinchos do festival, e sempre e cando o decidan os mestres de Rebulir.