Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2007

I CURSO DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL PARA ADULTOS

FESTIVAL DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL - NADAL 2007

Ademais de publicar este cartaz , tamén engadimos novos temas musicais na páxina desta vez interpretados polos músicos e cantareiras do colectivo Castro Floxo (Ourense), esperemos que vos gusten .

ACTIVIDADES DINAMIZACIÓN CASCO VELLO E DÍA ORGULLO GAITEIRO 2007

As actividades dos domingos, (dinamización do Casco Vello), realizaranse na explanada das "Burgas": -OBRADOIROS: de 12:00 a 14:00 -CONCERTOS: a partir das 18:00 "DIA DO ORGULLO GAITEIRO ", Sábado 15 de decembro Todas as actividades realizaránse no AUDITORIO de Ourense en Horario de: -16:00 a 18:00 Retransmisión en directo do programa "Lumen a Palleira", onde, ademáis de outros contidos, presentará o seu cd o gaiteiro Juanjo Fernández -18:00 a 19:30 continuará un pequeño concertó de Juanjo Fernández e seguirá Xavier Blanco cunha mostra de "instrumentos Pobres" -19:30 a 20:30 Concerto de Pablo Seoane, Grupo de música Tradicional *No medio, darase un pequeno agasallo os homenaxeados deste ano -21:30 CEA NO LOCAL DE AIXIÑA, (Paco Paz), previa inscripción, (15€ para alumnos e asociados á AOFT – 18€ resto) TODAS AS ACTIVIDADES ORGANIZADAS E COORDINADAS POR "GOMES MOURO"

ACHÉGASE O NADAL EN REBULIR

Comezamos a bosquexar as actividades deste nadal en Rebulir . Comezamos o sábado 22 co festival de Nadal no Picouto coa participación dos grupos : Rebulir escola de baile e música tradicional do Concello de Ramirás,Debanadoira grupo de pandereteiras ( Maceda ) , Grupo de gaiteiros MaÇaeda da Limia ( Maceda ), Grupo de Baile Chouteiros ( Maceda ) e a Escola provincial de danza - Castro Floxo ( Ourense ). Tras este pequeno festival impartiremos un curso de iniciación de baile e música tradicional para adultos durante 3 dias, no cal inda non están decididas as datas definitivas. Manteremosvos informados . Dias despois seremos nos os que visitaremos Maceda para participar no festival de nadal que alí están a organizar. Se queredes mais información sobre algunha das actividades podedes escribir o noso correo electrónico rebulir@hotmail.com. De todos xeitos informaremos máis polo miúdo segundo vaiamos concretando máis cousas.

Música na nosa páxina

Aquí poñemos unha canción para facer máis amea a vosa presenza nesta páxina , a peza que se escoita é de Coanhadeira grupo de música en galego e co cal estamos moi vinculados , xa que ademais de ser grandes amigos e ter colaborado en actividades con nos , dous dos mestres de Rebulir son membros do mesmo . Así que esperamos que disfrutedes coa peza: Muiñeira de Eiriz Se queredes escoitar mais música deste grupo ou indagar mais sobre el podedes achegarvos as súas páxinas : www.coanhadeira.com www.myspace.com/coanhadeira

II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL

A Asociación de Gaiteiros Galegos está xa a preparar o II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA, que terá lugar o 7, 8 e 9 de Decembro de 2007 en Santiago de Compostela. O Auditorio de Galicia será o marco que acolla a congresistas, mestres, gaiteiros, artesáns ou simples afeccionados á música galega que teñan interés en profundizar na aprendizaxe dunha parte tan importante da nosa cultura. Unha das formas de participar, ademais da presencial, é a través do envío de comunicacións. Toda persoa que queira expoñer algún tema relacionado co ensino da música tradicional poderá escribir unha comunicación e presentala no Congreso, despois da correspondente selección por parte do Comité Científico. Para isto é necesario seguir unhas normas que podedes consultar a continuación. Esperamos contar coa vosa colaboración e que asistades a este importante evento relacionado co ensino e conservación do patrimonio cultural galego. PARA MAIS INFORMACIÓN : WWW.GAITEIROSGALEGOS.COM

A xeito de agradecemento

Grazas a todos os grupos e escolas que estades poñendo un enlace a nosa humilde páxina/blog ( Xiradela de Arteixo , Asociacion o Castelo de Melide , Asubio de Vigo, escola de baile do concello de Vigo , frouma de oleiros, Abrentes de Cercedo, grupo Cantigas da Terra da Coruña, Xunco de Salceda de Caselas , Escola de música tradicional de Ourense, Iar da Coruña ... ) . Agradecese moito a colaboración entre grupos inda que sexa con estes pequenos xestos. Tamén agradecer os que nos estades apoiando neste e que tantos correos de apoio nos enviades pola iniciativa que se está desenvolvendo. Está nova vai adicada a todos vos .Unha aperta e ... . GRAZAS

Axudanos a saber por onde tirar

Os que visitedes esta páxina , dade ahí algún voto nos vosos intereses. Sempre aceptamos propostas e críticas para axudarnos a mellorar . Cos voso voto na enquisa farémonos unha idea do que lle interesa a xente , e así ( sempre dentro das nosas posibilidades ... ) turraremos xuntos nesa dirección , para intentar facer as cousas o mellor posible. - Foto da I Noite de Fiadeiro ( Abril 2007 ) -