O Concello de Ramirás inaugurará o próximo Sábado día 6 de Outubro a súa primeira escola de Baile e Música Tradicional . O nome escollido para esta escola é o de “ Rebulir ” . Estará situada no Centro Sociocultural de San Andrés , no pobo de Vilavidal pertencente a dito Concello. O curso partirá con un número aproximado de 40 alumnos de todas as idades , desde 4 anos en adiante . Impartiranse clases de Baile tradicional , Canto e Pandeireta , Gaita Galega e Percusión Tradicional , complementando a súa formación con nocións básicas da etnografía galega .Tamén se organizarán periodicamente outras actividades paralelas para o lecer dos dos alumnos e demais habitantes do Concello tales como : festivais , xornadas lúdicas , a II noite de fiadeiro , xornadas de xogos tradicionais ... etc. A matrícula nesta escola é totalmente gratuíta xa que está financiada na súa totalidade polo Concello de Ramirás . Nace así un núcleo para a recuperación e mantemento da tradición neste recuncho da Provinci