Ir al contenido principal

Entradas

REBULIR en ASTORGA (León)

  Este Domingo día 27 de Agosto os nosos grupos oficiais de baile e música tradicional estaremos participando no V Certame Folclórico Cidade de Astorga, que organiza o Grupo Danzas de Maragatería no marco das Festas de Santa Marta de Astorga Ali compartiremos escenario con grupos coñecidos como o Grupo Xinglar de Zaragoza, e aproveitaremos para coñecer ao grupo Aires del cabrera de Pombriego, e tamén aos anfitrións Grupo Danzas De Maragatería Astorga Seguro que será unha nova oportunidade para a aprendizaxe e o intercambio 

REBULIR EN ANDORRA E FRANCIA

Aínda que xa remataron as labores docentes en Rebulir, a actividade desta asociación non para no verán, xa que o seu grupo oficial está a preparar unha Gala titulada "O Cantar do Arriero" que será levada ao Palau Nacional de Andorra o día 20 de Xullo, para logo continuar con actuacións en diferentes festivais en Toulousse e Tyrosse (Francia) entre os días 19 e 23 de Xullo. Tamén participarán no encontro estatal de folclore que terá lugar en Astorga (León) o día 27 de Agosto. E para finalizar o verán, desprazaranse para participar unha vez máis no Festival Nacional de Folclore de Móstoles (Madrid) entre os días 29 de Setembro e 1 de Outubro. Non se pode obviar as festas e romerías nas que o Grupo de Música Tradicional Rebulir terá presenza por toda a Provincia, e mesmo fora dela. Con todo, será un verán intenso nesta asociación ramirense, que unha vez máis afronta a tempada estival cunha axenda cargada de compromisos. Podedes velo na seccion AXENDA 

ROMERIA DE REBULDEIRA de PECHE DE CURSO 2016/2017

Para darlle peche ao curso 2016/2017 como ben se merece, o vindeiro Sábado día 1 de Xullo organizaremos unha romaría no area recreativa da Pontenova, ao carón do Arnoia. Nesta estades convidados os membros, familiares, amigos e simpatizantes de Rebulir, porque do que se trata é de facer unha xornada de convinvencia e lecer en común. Para elo traemos un programa de actividades onde destaca a presenza do grupo convidado de ACF Tarambainas de Vigo e o peche da tarde coas Lagharteiras. 

Rebulir en LUAR con un microespectáculo

Asi foi o noso paso por Luar o pasado venres día 2 de Xuño. Alí presentamos este pequeno espectáculo que lle chamamos "Os primeiriños amores". Nel participamos os Grupo C, e B da escola, e o grupo de pandereteiros. Pero tamén contamos coa inestimable axuda de Arunrun Teatro. Esta é a historia de Adrián da Arrifana, que empeza a mocear con Andrea do Tellado, e para iso conta coa axuda dos seus pais e demais amigos e amigas. Mellor que o vexades vos mesmos. 

Volvemos ao RAIGAME

Un ano mais, maña 17 de Maio, estaremos na Romaria Raigame de Vilanova dos Infantes, celebrando as letras galegas como mellor sabemos facelo, con baile e música tradicional.  As nosas intervencións serán as 11:00 h. na Praza Maior e as 12 h. no Patio da Escola. 

PROGRAMA DA NOITE DE FIADEIRO 2017

Fai uns días presentábamos o CARTEL da XI edición da Noite de Fiadeiro. E hoxe tócalle o turno á programación da xornada do 13 de Maio.   Recordade que tedes toda a información desta festa na web habilitada ao efecto www.noitedefiadeiro.com  

A XI NOITE DE FIADEIRO EN MARCHA

Xa estamos ultimando todos os preparativos para a XI Noite de Fiadeiro, que este ano terá lugar o Sábado 13 de Maio. Coma sempre será en Vilavidal (Ramirás) e alí contaremos con postos de artesanía e gastronomía, animación, xogos, mostras... pero sobretodo a música e o baile non faltará.  Toda a información estará ao voso dispor na web habilitada: www.noitedefiadeiro.com