Ir al contenido principal

Entradas

AVISO: CAMBIO MESTRA PERCUSIÓN

Compañeir@s, por motivos persoais a nova profesora de percusión Raquel Faro  terá que deixar de dar clase na nosa asociación. Sentimos moito que non nos poda acompañar no que resta de curso, xa que causou moi boa impresión entre o alumnado. E desde aquí mandámoslle unha fonda aperta de parte de tod@s @s rebuldeir@s ! No seu lugar virá Pilar Gonçalves, a quen lle temos que agradecer que aceptase a nosa proposta tan rápido. Pilar é mestra de profesión pero é moi coñecida na música tradicional por pertencer ao grupo Os Carunchos, ademais de  ser un clásico de todo serán, xuntanza, festa e romaria.  Benvida Pilar ! As clases serán no mesmo horario. Sábados de 11:00 h. a 13:00 h. 

NOVIDADES CURSO 2011/2012

Tras presentar o pasado día 1 o Curso 2011/2012, presentamos aqui as novidades para os vindeiros meses: 1ª . Vémonos na obriga de comezar a cobrar pequenas  cuotas, posto que, este ano as Axudas outorgadas para o pago de mestres de Baile e Música Tradicional están suspendidas no marco dos recortes da Deputación de Ourense. Deste xeito, tentamos que cada alumno pagase o mínimo para poder manter ao profesorado e o nivel de calidade acadado pola nosa Escola.  É de xustiza recordar que o Concello de Ramirás seguirá asumindo boa parte deste salario dos mestres. 15 Euros por trimestre (Posibilidade de pagar todo o ano xunto = 45 Euros)  2ª. Cambio nos mestres de Gaita e Percusión Tradicional, pasando a asumir este posto. - D. Celso Iglesias (Gaita) - Dna. Raquel Faro (Percusión Tradicional) 3º. En todas as actividades pasaremos lista de asistencia e tomaremos en conta a puntualidade co fin de aproveitar os tempos de ensaio ao máximo posible.  HORARIOS

PRESENTACIÓN CURSO 2011/2012

O ACTO DE PRESENTACIÓN DO CURSO 2011/2012 TERÁ LUGAR O SÁBADO 1 DE OUTUBRO AS 18:30 h . NO LOCAL DE REBULIR (Praza de San Andrés, Vilavidal - Concello de Ramirás). Aquí presentaremos os horarios, os mestres, as actividades a desenvolver e demáis novidades deste curso que comeza. Aproveitaremos a ocasión para facer a presentación aos socios e asistentes en xeral da nova xunta directiva.

REBULIR NO XV FESTIVAL BAÍÑA 2011

O Vindeiro Sábado 3 de Setembro acudiremos a actuar no XV Festival Folclórico Baíña, que organizan os amigos do grupo Airiños da Lagoa de Baiona. Ademais dos anfitrións, tamén pasarán polo esceario os grupos Fitoria de Asturias e Urdaibai de Euskadi. A cita é na Praza do Concello de Baiona as 22 h. Así que quedades convidad@s a asistir a este evento que a priori tanto promete. 

MARCHAMOS A VAL DE SAN LORENZO (LEÓN)

O Vindeiro Domingo día 7, Rebulir participará no Encontro Nacional de Folclore de Val de San Lorenzo (León), enmarcado dentro da súa tradicional Feira Artesanal. As 18:00 h comezará o Festival ao que estades tod@s convidad@s .

REBULIR NO FESTIVAL "AO COMPAZ DE SAUMEDE"

Compañeir@s como sorpresa de última hora, unha pequena formación de rebuldeiros tocaremos no Festival "Ao Compaz de Saumede" o vindeiro Domingo día 31 de Xullo as 21:30 h. Tentaremos facer un repertorio animado que convide a xente ao baile. Témoslle que agradecer aos amigos da Asociación de Saumede que tiveran contado con nós para este tremendo programa que presentan. É un pracer compartir cartaz cos grupos e compañías en programa.

E VOLTAMOS...

, Xa voltamos da nosa breve visita a terras vascas, desde aqui queremos agradecer ao grupo Gaztedi  dantzari taldea o seu trato co cal nos fixeron sentir moi cómodos nestas xornadas. Esperamos voltar a atoparnos de novo pronto. Pero esto non significa descanso en Rebulir, xa que seguimos cos compromisos do Vrao... - O 30 de Xullo en A Bola. - A primeira fin de semana de Agosto andaremos por Val de San Lorenzo (León) - A terceira fin de semana de Agosto por Outomuro (Cartelle) - Por confirmar - - O 4 de Setembro participaremos do Festival de Baíña (Baiona) Non vale parar, temos o formiguillo no corpo!