Ir al contenido principal

Entradas

REBULIR DE NOVO NO VENRESPIRAR

De novo Rebulir colaboraremos cos amigos de Gomes Mouro e Algaravia o vindeiro Venres día 5 de Xuño no derradeiro Venrespirar desta temporada. Desta vez celebrarase no Café Ollo Ledo - Parque das Mercedes (Ourense), ata alí iremos a animar un pouco o baile e botarlle unhas pezas, disfrutando do ambiente cos outros grupos que participarán e facendo unha noitiña de verbena e troula. Animádevos a vir que valerá a pena!

Máis fotos

O amigo Roi, gaiteiro de Casto Floxo, Abelente e outros proxectos musicais varios, pasounos varias fotografías e vídeos da III Noite de Fiadeiro. Estas fotos xa están incluídas na presentación que podedes atopar na parte de abaixo do Blog para que lle botedes un ollo. Graciñas Roi!!

VIII ROMARIA RAIGAME

Coma todos os 17 de Maio, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e mais o Concello de Celanova organizan a Romaría Raigame, que este ano cumpre oito anos. O lugar elexido é o pobo de Vilanova dos Infantes, situado ao carón de Celanova. Durante todo o día xuntaránse a armar troula músicos, bailadores, regueifeiros, cantareiras/Os, artesáns, taberneiros, animadores de rúa, etc. A festa xa é un referente no almanaque para todos aqueles que lles guste disfrutar un día ao xeito máis enxebre e tradicional. O ano pasado, un equipo do programa alalá desprazouse ata Vilanova para adicarlle un programa a Romaría e ao Grupo Castro Floxo, e velaquí unha pequena escolma do resultado final: http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE E aqui vai outro vídeo para que vos fagades ainda mellor a idea: http://www.youtube.com/watch?v=S_iD07GDVjc Rebulir coma nos derradeiros anos, tamén participaremos na festa, toda a escola ao completo iremos a botarlle uns bailes e unhas pezas. O noso turno será as 12...

I SERÁN EN BOBORÁS

Os amigos Serandeiros de Boborás andan a argallar o seu I Serán para o vindeiro Sábado día 2 de Maio a partir das 8 da tarde. Algúns rebuldeiros iremos ata alí para montar troula e disfrutar da festa todo o que se poda. Ben seguro que se arma unha boa. Moita sorte e noraboa pola iniciativa!!

XA ESTÁN AS FOTOS E OS VÍDEOS

Boas xente, xa están subidas algunhas das fotos do Fiadeiro do pasado Sábado, podedes velas tirando para abaixo ao final do blog. Se alguén ten máis fotos podedes enviarnolas a rebulir@hotmail.com , agradecemolo moito. Tamén subimos algúns vídeos ao Youtube aqui quedan os enlaces: - http://www.youtube.com/watch?v=XbdOJyOw9Q4 - http://www.youtube.com/watch?v=uK3MEEy7s7Y - http://www.youtube.com/watch?v=m-I4XyiPKKA - http://www.youtube.com/watch?v=6NKQMpbJFv8 - http://www.youtube.com/watch?v=bHQEGeMK-jE - http://www.youtube.com/watch?v=AI0ksounSFo - http://www.youtube.com/watch?v=ZWi9Pp00fgQ - http://www.youtube.com/watch?v=8fYUIJ7I94U - http://www.youtube.com/watch?v=R3fWiXsCGmY - http://www.youtube.com/watch?v=IQT7CMyF93Q Coma sempre, non teñen desperdicio!

MOITAS GRAZAS!

Aló se foi a III Noite de Fiadeiro, de novo podemos dicir que un éxito tanto en asistencia como en troula o cal debemosllo: Aos grupos que puxeron a música: Maghúa, Jalos d´antioquia, Solpor, Castro Floxo, Cantareiras da Bola, Brixel, Cantareiras Lecer, Atalúns, Chichisos, os amigos do serán de Boborás, Rebuldeiros/as (rapaces/as, pais, avós, familiares, amigos...)... A toda esa xente que traballou: taberneiras, pulpeira, fogueteiros, veciños de ramirás, monitores do centro de cultura xaquín lorenzo, traballadores e persoal do Concello de Ramirás, etc. Aos medios de comunicación e blogs que fixeron difusión desta festa: cadena ser-radio ourense, onda cero, radio galega, programa luar da tvg, a voz de galicia , la región, malmequer , mundourense.com , Ourensedixital , ghastaspista , frouma , gaiteiros galegos , canle papigil , rebordondo , maghúa , fotolog-folklore , agrupación O Castelo , Cantareirasblogspot ... E por suposto, moitas grazas, a todos os asistentes que vos animastes a ...

CHEGOU O DÍA

HOXE 25 DE ABRIL (Aniversario da revolución dos cravos portugusa) CELEBRAMOS A III NOITE DE FIADEIRO. TODO PARECE APUNTAR A QUE A CHUVIA NOS ACOMPAÑARÁ NA XORNADA... POR ESO DECIDIMOS PECHAR PARTE DA CARPA PARA QUE A AUGA NON ENTRE, ASÍ QUE ANIMÁDEVOS A VIR DE TODOS OS XEITOS QUE A TROULA ESTÁ ASEGURADA ATA ALTAS HORAS. MAIS ABAIXO TEDES O PROGRAMA E O PLANO DE SITUACIÓN. ESPERÁMOSVOS EN RAMIRÁS! VEN CANTAR, VEN BAILAR, VEN TOCAR OU SIMPLEMENTE PASALO BEN!!