Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como alala

HOXE NO ALALÁ OS JALOS D´ANTIOQUIA

Hoxe no programa Alalá da TVG un grupo da Limia, Os Jalos d´Antioquia, grupo festeiro onde os haxa. Moi recomendable que o vexades se podedes a eso das 21.30 h, porque este programa promete moito. Os de Alalá presentanos así: Contaxiados da maxia do Entroido de Xinzo de Limia, os de "Alalá" descubriron tal e como conta a lenda- o cantar dos Jalos dAntioquía baixo a asolagada Lagoa de Antela. Esta é a lenda pero o certo é que os Jalos d Antioquia é un grupo de músicos que leva a festa como estandarte e a súa misión é cantar e tocar ata que o corpo aguante, en festas, ceas, celebracións varias, tabernas e alá onde eles e o seu público estean dispostos a pasalo ben. Para abrir boca un video na pasada edición da Romaría Raigame:

HOXE ALALA DE CASTRO FLOXO

Hoxe, luns, día 23/06/2008 Hoxe o Alalá vai facer unha viaxe no tempo da mellor forma posible: indo de romaría a Vilanova dos Infantes. Alí os veciños ceden os baixos das súas casas para que se instalen artesáns que veñen de toda Galicia amosar o seu saber tradicional. Así que se queredes aprender oficios, bailar, cantar ou comer como facían os nosos avós este é o lugar; o único requisito é vir con ganas de divertirse e de aprender un pouco máis sobre nós mesmos. A Romaría Raigame só se celebra unha vez ao ano; o 17 de Maio, Día das Letras Galegas. Detrás deste mundo de músicos e artesáns está o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense. Deles partiu a idea e a materialización, porque levan máis de 30 anos a recoller e espallar todo o saber da nosa cultura popular con publicacións como a prestixiosa revista etnográfica Raigame, pero tamén difunden a través de obradoiros e clases de pandeireta ou baile, actividades onde os que destacan pasan a formar parte do prestixioso grupo...