Este venres 26 de Abril temos cita no Venrespirar que organiza a AC Algaravía. A cita será a partir das 22 h. na Praza de San Marcial de Ourense - Grândola Tetería. Participarán as nosas seccións de pandereteir@s oficial e senior, e o noso grupo de música tradicional.
23 abr. 2019
10 abr. 2019
Cartel Espectáculo "Os Ollos de Miss Margaret"
Tal e como viñamos anunciando HOXE PRESENTAMOS o cartel do noso espectáculo "Os Ollos de Miss Margaret" que se estreará no Auditorio do Concello de Celanova. Pedra e poesía o vindeiro Sábado 27 de Abril as 20:00 h.
Xa tedes a vosa disposición as entradas nos seguintes puntos de venda:
- Pungin Sport (Celanova)
- Centro Cultural O Picouto (Ramirás)
- Rebulir Cultura Tradicional
- Taquilla do Auditorio Ilduara (Só o día do Estreo)
8 abr. 2019
REBULIR NO CENTENARIO DA CORAL DE RUADA
Este Venres día 12 de Abril estaremos no Concerto do Centenario da CORAL De RUADA no Auditorio Municipal de Ourense as 20:30 h. compartindo cartel con Treixadura, Os Melidaos, Luar na Lubre, Gomes Mouro e, por suposto, os anfitrions a CORAL De RUADA.
Grazas a centenaria institución Ourensá por contar connosco nesta efeméride. Para nós é toda unha honra e unha responsabilidade estar nesta celebración.
3 abr. 2019
Agradecemento polo Premio Rodolfo Prada 2019
Desde a Asociación Cultural Rebulir queremos agradecer ao Xurado dos Premios Rodolfo Prada 2019 que tivesen en consideración o proxecto "FIR-Festival Internacional Rebulir" como meritorio de tal galardón.
Este é un recoñecemento ao traballo mancomunado de institucións, colectivos, persoas... veciños e veciñas, quen aportan o mellor de cada un para sacar adiante esta iniciativa que chega a súa XIV edición no presente 2019.
Aproveitamos para convidar a todas as persoas de Rebulir, Concello de Ramirás, entidades... implicadas no desenvolvemento do FIR a acompañarnos este Sábado día 6 de Abril as 17:30 h. na Gala de Entrega que terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)