26 nov. 2018

Presentamos o CARTEL do FIR2018

Hoxe presentouse en redes e plataformas online o cartel que servirá de soporte de comunicación ao XIII Festival Internacional Rebulir. Como xa temos anunciado esta será unha edición adicada aos doadores e doadoras de sangue, órganos e tecidos.
TODA A INFO. do FIR en www.festivalrebulir.info  

 



13 nov. 2018

Rebulir de novo en Luar

Este venres volvemos a LUAR con dous pases moi especiais. No primeiro deles celebraremos unha das festas máis tradicionais de Ourense, os Magostos, e no segundo farémoslle unha homenaxe ao centenario de Vilavidal.
Desta vez ata o Plató de Montouto desprazarémonos músicos, pandereteiras e bailador@s do grupo oficial, e desta vez tamén nos acompaña o Grupo Senior e o Grupo A de baile tradicional.