13 jun. 2017

ROMERIA DE REBULDEIRA de PECHE DE CURSO 2016/2017

Para darlle peche ao curso 2016/2017 como ben se merece, o vindeiro Sábado día 1 de Xullo organizaremos unha romaría no area recreativa da Pontenova, ao carón do Arnoia. Nesta estades convidados os membros, familiares, amigos e simpatizantes de Rebulir, porque do que se trata é de facer unha xornada de convinvencia e lecer en común.
Para elo traemos un programa de actividades onde destaca a presenza do grupo convidado de ACF Tarambainas de Vigo e o peche da tarde coas Lagharteiras. 



5 jun. 2017

Rebulir en LUAR con un microespectáculo

Asi foi o noso paso por Luar o pasado venres día 2 de Xuño. Alí presentamos este pequeno espectáculo que lle chamamos "Os primeiriños amores". Nel participamos os Grupo C, e B da escola, e o grupo de pandereteiros. Pero tamén contamos coa inestimable axuda de Arunrun Teatro.

Esta é a historia de Adrián da Arrifana, que empeza a mocear con Andrea do Tellado, e para iso conta coa axuda dos seus pais e demais amigos e amigas. Mellor que o vexades vos mesmos.