Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2015

Participamos no CONCURSO TEQUEXETÉLDERE (A Estrada)

A Escola Rebulir participará no prestixioso concurso de Baile e Música Tradicional " Tequexetéldere ", que terá lugar na Estrada (Pontevedra) o día 19 de Abril deste 2015. Os/as nosos/as bailadores/as competirán, acompañados das pandereteiras e grupo de música tradicional,  en dúas das catro categorias posibles: -Categoría C: de 12 a 16 anos. (Grupo A da AC Rebulir) -Categoría D: máis de 16 anos (Grupo Oficial da AC Rebulir) Cabe destacar que neste concurso, que xa vai pola súa XI edición, participan decenas de grupos chegados de toda Galicia, e onde o nivel artístico é moi alto. Pola nosa parte tentaremos facer o mellor papel posible, e aproveitar para pasar unha xornada de convivencia con outros colectivos. 

OBRADOIRO de construcción de PANDEIROS CADRADOS con Xosé Maceda

AVISO: O obradoiro está COMPLETO, no caso de que haxa máis demandas convocaremos unha nova edición máis adiante.  Dado o éxito de anteriores edicións reeditamos o OBRADOIRO de construcción de PANDEIROS CADRADOS con Xosé Maceda. Será o vindeiro Domingo 29 de Marzo as 16:00 h. no noso local. Poderedes inscribirvos entre o martes 17 de Marzo e o Xoves 26, cubrindo o seguinte  Xosé Maceda                                   É membro do grupo Quempallou, e mestre de baile e música tradicional en diferentes escolas. Vencellado a música dende neno, achégase a percusión tradicional da man de xente recoñecida como Luis Prego, Chuco Estevez, X.L. Romero,… Ademáis leva impartido numerosos obradoiros, cursos e monográficos por moitos puntos da xeografía galega. 

ACTUACIÓN NA RESIDENCIA DO MOSTEIRO

O Vindeiro Sábado 21 de Marzo as 19:30 h., no marco da celebración do día do Pai, actuaremos na Residencia da Terceira Idade de O Mosteiro (Ramirás).  A actuación durará aproximadamente uns corenta minutos e intervirán o noso grupo de música tradicional, o grupo de pandereteiras, o grupo A de baile tradicional e o grupo oficial de baile tradicional.  Ben seguro será unha festa bonita, nos así o tentaremos.