Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2015

COLABORAMOS COA HOMENAXE A MANUEL GONZÁLEZ "O MAZICO"

O noso grupo de música tradicional participará este Sábado día 24 de Xaneiro no lugar de A Sacada (Ramirás) no acto de homenaxe a D. Manuel González "O Mazico". Deste xeito colaboraremos coa comunidade de Montes A Sacada a poñer en valor a figura deste veciño.   A nosa intervención terá lugar durante a inaguración do mirador que levará o seu nome nos posteriores aperitivos que compartiremos con todos os asistentes. Grazas a organización por ternos convidado. 

ACTUAMOS NA GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS "O BOSQUE MÁXICO 2014"

O vindeiro día 17 de Xaneiro o noso grupo de pandereteiras e unha parella de baile actuarán na III Gala de Entrega de premios do Bosque Máxico, que organiza o Plan Vieiro-Leboreiro. Este acto desenvolverase no Salón de actos do Centro de Interpretación Aqua Querquennae en Bande, e comezará as 19 h.  Compartiremos escena con diferentes grupos de Terras de Celanova e a Baixa Limia como o Grupo Folk/Rock Merilin non Roe, a coral de Poulo ou a Banda de Lobios.   Máis información na web:  http://www.obosquemaxico.com/