27 nov. 2013

CHEGA O VIII FESTIVAL INT. REBULIR 2013

Xa andamos a traballar na que será a VIII edición do Festival Internacional Rebulir de Baile e Música Tradicional que se celebrará entre os días 20-22 de Decembro do presente ano, tendo o seu acto central o Sábado 21 as 19 h. no Polideportivo de O Picouto. Se queredes ver toda a información podedes visitar a páxina web propia www.festivalrebulir.com 

17 nov. 2013

@S CATIV@S DE REBULIR NO PROGRAMA LUAR

  
O vindeiro Venres día 22 de Novembro o noso grupo xuvenil, xunto co grupo de música tradicional estarán actuando no programa Luar da Televisión de Galicia, onde bailarán a Muiñeira montañesa. Para nós será un pracer pisar o plató 1000 de Montouto, esperamos que vos guste a nosa actuación. 

1 nov. 2013

Para inscribirvos no OBRADOIRO DE PEITEADO TRADICIONAL debedes cubrir o seguinte




E facernos chegar o voso pago. Recordade que no obradoiro inclúese o material e un certificado de asistencia. 

AVISO: Para facilitar o PAGO poderedes pagar o propio día do obradoiro en efectivo, pero previamente teredes que estar inscrit@s.