Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2013

FESTA DE PECHE DE CURSO E OBRADOIRO PANDEIROS

Chegamos ao fin de curso e pra pechalo con bo sabor de boca argallamos unha serie de actividades para os rebuldeir@s, amigos, familiares e simpatizantes da causa. Velaquí vos deixamos o cartaz e a programación. AVISO:  Por motivos alleos a Rebulir, o Festival de Peche de curso desenvolverase o Lúns día 24 as 20:00 h. no Salón de Actos de O Picouto. Para inscribirse no obradoiro debedes cubrir o seguinte: BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN IMPORTANTE: Para confirmar a vosa matrícula debedes abonar na seguinte conta bancaria o importe correspondente. Logo facédenos chegar o xustificante a rebulir@hotmail.com.  -Número de conta: NovaGaliciaBanco  2080 5331 35 3040004945   -Destinatario: Asociación Cultural Rebulir -Concepto: Obradoiro Pandeiro + Nome Xosé Maceda                                   É membro do grupo Quempallou, e mestre de baile e música tradicional en diferentes escolas. Vencellado a música dende neno, achégase a percusión tradicional da man de xente

REBULIR NOS VENRESPIRAR DE OURENSE

O vindeiro Venres día 7 o noso grupo de música tradicional e as nosas cantareiras estarán no Venrespirar que organizan as asociacións Algarabía e Gomes Mouro. A cita é na Praza das Mercedes a partir das 22:30 h..  Previamente as 20:30 h. comezará o Venrespiriño, esto é unha festiña/obradoiro para que os máis novos se mergullen no baile e música tradicional.  O dinamizador do baile e o obradoiro será o noso profesor Alexandre Sotelino. Quedades convidad@s!!! a festa promete boa !!!  

A EXPERIENCIA DE REBULIR NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O vindeiro mércores 22, o noso compañeiro Álvaro Pérez Marqués exporá o proxecto e experiencia de Rebulir na mesa redonda "Agora ti tes a palaba... en lingua galega". A cita é as 17:00 h. no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación. Este acto enmárcase na celebración da Semana das Letras de dita Facultade, e organizado pola Comisión de Normalización Lingüistica.  Desde Rebulir dámoslle as grazas a organización por acordarse de nós, e desexámoslle moita sorte a Álvaro na súa presentación. 

XII ROMERIA RAIGAME 2013.

Un ano máis polo 17 de Maio, e xa van uns cantos, Rebulir non pode faltar acudirá fiel a cita da Romería Raigame en Vilanova dos Infantes que xa vai pola súa XII edición.  Este ano participarán todos os alumnos da nosa escola (músicos, cantareiras, bailador@s...), e o noso programa particular  (Conxuntamente coa Escola de Baile de Pontedeva)  será o seguinte: - 11:20 h. Saída en Pasarrúas desde a Igrexa de Vilanova - 11:30 h. Actuación na Praza Tralacerca. 1. Grupo de Cantareiras Senior 2. Grupo Infantil Rebulir (Pandeirada dos nenos) 3. Escola de Baile de Pontedeva (Muiñeira de Deva) 4. Grupo Xuvenil Rebulir (Muiñera da Montaña) 5. Grupo Adultos Rebulir (Muiñeira dos Ancares) - 12:00 h. Actuación na Praza Maior.    1. Grupo Infantil Rebulir (Pandeirada dos nenos) 2. Escola de Baile de Pontedeva (Muiñeira de Deva) 3. Grupo Xuvenil Rebulir (Muiñera da Montaña) 4. Grupo Adultos Rebulir (Mallao e Muiñeira de Esperanzo)