16 oct. 2012

IMOS AO PASABODEGHAS DE VEDRA !!

O noso grupo de música tradicional xunto cunha boa representación dos nosos cabezudos participaremos do Espazo Activo da Ulla, máis concretamente na animación do Pasabodeghas que se fai en San Miguel de Sarandón (Concello de Vedra) o 27 de Outubro. 

Graciñas aos amigos da Requinta da Laxeira por contar connosco, prometemos non defraudar ! Velaquí vai o cartaz e neste enlace podedes consultar máis información.