12 sept. 2012

CURSO 2012-2013

Comezamos de novo o curso e este ano con máis forza que nunca, xa que traemos novas actividades, novo material, novos proxectos, novas ideas... pero as mesmas ganas de traballar e ilusión que ata agora. 

Se queredes enterarvos de todas as novidades quedades emprazad@s para o vindeiro Venres 28 de Setembro no local de Rebulir para asistir a presentación. As clases comezarán ao día seguinte, Sábado 29 de Setembro. 


3 sept. 2012

REBULIR NO FESTIVAL "CIUDAD DE MÓSTOLES"

Os vindeiros 21, 22 e 23 de Setembro Rebulir representará a Galicia no Festival Nacional de Folclore "Ciudad de Móstoles" organizado polo Hogar Extremeño de Móstoles. Compartiremos escenario con grupos de Madrid, Extremadura e os propios anfitrións.