31 jul. 2012

OS NOSO CABEZUDOS ABREN AS XORNADAS DE FOLCLORE 2012

O noso grupiño de Cabezudos participará no espectáculo do Colectivo Castro-Floxo que sirve como apertura das Xornadas de Folclore de Ourense 2012, que se celebrará o vindeiro 6 de Agosto no Teatro Principal de Ourense. 

17 jul. 2012

DE FESTA EN FESTA... CHEGAMOS AO PICOUTO

E como dicimos no encabezado, de festa en festa chegamos ao Picouto. Aquí nos poderedes ver o día da festa de Santa Ana, 28 de Xullo, acompañando a procesión e amenizando o comezo da cea. En Rebulir non vale parar !!  




9 jul. 2012

SEGUIMOS CON VILAVIDAL...

Rebulir segue coas actuacións por diferentes festas da contorna. Esta fin de semana xogamos na casa, e tocaremos nas Festas do Carmen de Vilavidal. Poderedes vernos o Domingo as 12:00 h. acompañando a procesión e na sesión Vermut. 

2 jul. 2012

IMOS A ROMARIA DO SAN PAIO DOS PITOS

O vindeiro Domingo 8 de Xullo as 12:30 h. teremos actuación no San Paio dos Pitos en Ramirás. Primeiro procesión e misa e posterior sesión Vermut. A festa promete bonita. Graciñas a comisión por contar connosco !!!