5 may. 2012

FESTA V ANIVERSARIO REBULIR / PECHE DE CURSO

Amigas e amigos rebuldeir@s,

Como ben sabíades algúns neste curso cumprimos V anos de traballo... (e no Verán xa cumpriremos VI), e queriamos facer unha festiña para celebrar con todas as persoas que están, estiveron ou colaboraron con Rebulir neste tempo.


A única data dispoñible e que ademais coincide co peche do curso son os días Venres 8 de Xuño e Sábado 9 de de Xuño. Vai ser unha festa con moito de tradicional pero tamén con unha parte lúdica importante.

Para APUNTARSE as actividades debedes reservar e PAGAR antes do día 6 de Xuño no local de Rebulir ou ben por ingreso en conta bancaria.




VENRES día 8 de Xuño 

FESTIVAL de Peche de curso

CEA DO V Aniversario (camiño do VI) no Restaurante O Retiro de Vilavidal. Esta cea é aberta a tod@s os membros, amigos e familiares de Rebulir.

Menú (12 Euros)
- Embutidos e queixo
- Empanada
- Churrasco con patacas
- Ensalada
- Postre
- Auga, Refrescos e Viño
- Licores

Menú d@s nen@s (8 Euros)

- Embutidos e queixo
- Empanada
- Filete con patacas
- Ensalada
- Postre
- Auga e Refrescos

Na cea haberá:
Sesión Vermut cos músicos de Rebulir e convidad@s
E ao rematar Guateque con Pinchadiscos

SÁBADO 9 de Xuño


EXCURSIÓN
- Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela)
- Aquapark de Cerceda
CUSTE = 5 Euros (Inclúe as entradas, a asociación custea o autobús e parte das entradas)
Levar comida cadaquén.



Como vedes non saímos de unha e xa nos metemos noutra... SEGUIREMOS CONCRETANDO ESTO.