14 oct. 2011

AVISO: CAMBIO MESTRA PERCUSIÓN

Compañeir@s, por motivos persoais a nova profesora de percusión Raquel Faro  terá que deixar de dar clase na nosa asociación. Sentimos moito que non nos poda acompañar no que resta de curso, xa que causou moi boa impresión entre o alumnado. E desde aquí mandámoslle unha fonda aperta de parte de tod@s @s rebuldeir@s !

No seu lugar virá Pilar Gonçalves, a quen lle temos que agradecer que aceptase a nosa proposta tan rápido. Pilar é mestra de profesión pero é moi coñecida na música tradicional por pertencer ao grupo Os Carunchos, ademais de  ser un clásico de todo serán, xuntanza, festa e romaria.  Benvida Pilar !


As clases serán no mesmo horario. Sábados de 11:00 h. a 13:00 h. 

2 oct. 2011

NOVIDADES CURSO 2011/2012

Tras presentar o pasado día 1 o Curso 2011/2012, presentamos aqui as novidades para os vindeiros meses:

1ª . Vémonos na obriga de comezar a cobrar pequenas cuotas, posto que, este ano as Axudas outorgadas para o pago de mestres de Baile e Música Tradicional están suspendidas no marco dos recortes da Deputación de Ourense. Deste xeito, tentamos que cada alumno pagase o mínimo para poder manter ao profesorado e o nivel de calidade acadado pola nosa Escola.  É de xustiza recordar que o Concello de Ramirás seguirá asumindo boa parte deste salario dos mestres.

15 Euros por trimestre (Posibilidade de pagar todo o ano xunto = 45 Euros) 

2ª. Cambio nos mestres de Gaita e Percusión Tradicional, pasando a asumir este posto.
- D. Celso Iglesias (Gaita)
- Dna. Raquel Faro (Percusión Tradicional)

3º. En todas as actividades pasaremos lista de asistencia e tomaremos en conta a puntualidade co fin de aproveitar os tempos de ensaio ao máximo posible. 

HORARIOS