29 jul. 2011

REBULIR NO FESTIVAL "AO COMPAZ DE SAUMEDE"


Compañeir@s como sorpresa de última hora, unha pequena formación de rebuldeiros tocaremos no Festival "Ao Compaz de Saumede" o vindeiro Domingo día 31 de Xullo as 21:30 h. Tentaremos facer un repertorio animado que convide a xente ao baile.

Témoslle que agradecer aos amigos da Asociación de Saumede que tiveran contado con nós para este tremendo programa que presentan. É un pracer compartir cartaz cos grupos e compañías en programa.

19 jul. 2011

E VOLTAMOS...

,
Xa voltamos da nosa breve visita a terras vascas, desde aqui queremos agradecer ao grupo Gaztedi  dantzari taldea o seu trato co cal nos fixeron sentir moi cómodos nestas xornadas. Esperamos voltar a atoparnos de novo pronto.

Pero esto non significa descanso en Rebulir, xa que seguimos cos compromisos do Vrao...

- O 30 de Xullo en A Bola.
- A primeira fin de semana de Agosto andaremos por Val de San Lorenzo (León)
- A terceira fin de semana de Agosto por Outomuro (Cartelle) - Por confirmar -
- O 4 de Setembro participaremos do Festival de Baíña (Baiona)

Non vale parar, temos o formiguillo no corpo!

11 jul. 2011

REBULIR EN BILBAO

A vindeira fin de semana do 15, 16 e 17 de Xullo Rebulir terá o pracer de participar no Encontro de Folclore que organiza o grupo Gaztedi Dantzari Taldea de Bilbao no marco da celebración do seu 60 aniversario como institución cultural.

Durante a fin de semana realizaremos diferentes visitas, sendo o prato forte a actuación que faremos o Sábado pola tarde na Praza Karmelo de Santutxu, onde teremos dous pases con diferente vestiario e variedade de Danzas.

Agradecemos a Gaztedi o seu convite e esperamos deixar alto o pabellón galego.

4 jul. 2011

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA


O pasado 1 de Xullo presentamos o IV Concurso de Fotografía Antiga no transcurso do Acto de Peche do Curso da Escola Rebulir. Como obxectivos plantexámonos: recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa Contorna (Comarca Terras de Celanova), fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os seus participantes e servir de base para estudar as costumes, oficios, bailes, traxes... que eran tradicionais na zona.

Nas pasadas edicións temos recollidas centos de instantáneas que se teñen mostrado en diferentes exposicións non solo en Ramirás senón en outros certames como pode ser o Outono Fotográfico. Nesta IV convocatoria pretendemos seguir ampliando o arquivo que viñamos confeccionando nos últimos tempos.

Temos unha sección habilitada na parte superior deste blog onde aparece recollida toda a información relevante. E as novidades desta edición.

1 jul. 2011

E O SÁBADO NA II LUMEIRADA DO DEVA

Un ano máis @s amig@s do Concello de Pontedeva organizan a Lumeirada do Deva, tras o éxito da pasada edición. E de novo voltaron a contar coa presenza da Rebulir para animar a festa, deste xeito a nosa intervención será seguindo o seguinte programa:

19:30 h. - Pasarrúas dos Cabezudos de Ramirás e grupo de Música Tradicional Rebulir
19:45 h. - Intervención do noso grupo de Cantareiras
20:00 h. - Actuación do grupo de Medianos e o grupo de Adultos de Baile Tradicional
20:20 h. - Actuación do grupo de música tradicional Rebulir

21:30 h. - Animación co Grupo de Música Tradicional Rebulir

Xa pola noite estará o tradicional grupo A Roda animando a festa. Desde Rebulir queremos felicitar a organización e convidar visitantes a disfrutar da Lumeirada !