Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2011

I FOLIADA DE LEIRO

O Vindeiro Sábado 4 de xuño @s amig@s da Asociación Taparraná, organizan o que será a I Foliada de Leiro, presentannos o seguinte programa:
19:30 Xogos Populares 20:30 Curso Iniciación o Baile Tradicional E a partir das 21:00 comenza a "FESTA".......lume!
Haberá Bolos Preñados de balde para todos os asistentes, chocolata e bizcoito. Non faltara o bo viño do Ribeiro, licor cafe e outras bebidas espérituosas.... Contaremos con zona de acampada (se alguen se quere quedar)
Achegádevos ata Leiro que a festa promete !!



ELECCIÓNS INTERNAS DE REBULIR

Tal e como establecen os estatutos da asociación, este curso toca convocar eleccións a Xunta Directiva de Rebulir.
Reunida a actual Xunta en sesión ordinaria no mes de Xaneiro decidiuse establecer a votación para o Sábado 11 de Xullo de 2011, no propio local onde se establecerá unha furna destinada a tal fin.
Nestes dias está aberta a presentación de candidaturas, ata o vindeiro 28 de Maio, segundo os criterios establecidos nos estatutos da asociación e na acta ordinaria da xunta directiva, ambos expostos publicamente no taboleiro da asociación.

X ROMARIA RAIGAME / Homenaxe Castro Floxo

Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facían os nosos devanceiros nas antigas Romarías.
Nós, habituais da festa, non nola perderemos e teremos a nosa interveción (programada), as 12:30 e as 13:00 horas na Praza Tralacerca e Plaza Maior da Vila respectivamente. Para logo seguir animando cos nosos instrumentos e canticos varios outras prazas e tabernas durante toda a xornada.
Este ano cumprense X anos desde a primeira cita, e para iso o grupo Castro Floxo sintetizará nun espectáculo a xeito de homenaxe o que é Romaría. Deste xeito, aparecerán no escenario as múltiples esceas que identifican a Romaria: A música, o baile, os artesáns, os xogos, animación de rúa...
A repr…

III SERÁN DE BOBORÁS

O Sábado andaremos por Boborás no III Serán que organizan os nosos amigos Os Serandeiros. A experiencia dinos que se monta unha boa troula, asi que recomendámosvolo a todos os que podades achegarvos que vaiades. A cita é no patio da escola, a partir das 20:00 h haberá un Obradoiro de baile tradicional, o serán infantil, Concurso de Aturuxos... para xa chegada a noitiña ter a intervención de múltiples grupos tradicionais, aderezado con chourizos, viño, chiculate...                 Noraboa aos organizadores e que haxa moito baile !!