Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2010

FIN DE SEMANA COMPLETO

Avecíñase unha fin de semana completiña... O Venres estaremos no Venrespirar convidados pol@s amig@s de Gomes Mouro e Algaravía. A cita será na cafetería A Efémera de Ourense a partir das 22.30 h. Nós poremos o Baile e a Música, xunto con Os Jalos d´Antioquia e os propios Gomes Mouro. E o Sábado imos de Troula ata Boborás, no II Serán que organizan Os Serandeiros no Colexio da localidade ourensá. Levaremos Instrumentos e moitas ganas de bailar. E veña! De festa en festa, e seguimos porque nos presta!

SIMPLEMENTE GRAZAS!!!

Grazas a: - Tod@s @s rebuldeir@s por traballar toda a xornada (e meses previos) sen descanso! . - Colectivos musicais participantes: Linho do Cuco, Cantigas e Agarimos, Castro Floxo, Airiños d´Arnoia, Xestreu, Ediunra, Trisquel, Solpor, Os Chichisos, Atalúns, Cantareiras da Bola, Escola de Música Tradicional de Ourense, Os Estoupapozas, MaÇaeda da Limia, Debanadoira, Lecer, As Coruñas... . - Colectivos de animación: CPR Sagrado Corazón, Lúcete Lecer, Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo, Alternativas Sociais OU... . - Persoas varias: Persoal do Concello de Ramirás, Pulpeiras, fogueteiros, taberneiros, vendedores... . - E os centos de persoas que viñestes a participar da festa. . Xuntos fixestes que fose unha xornada inesquecible, cun gran éxito a tódolos niveis (Asistencia, participación, troula...) . Quedades emprazad@s para a V Noite de Fiadeiro en 2011, coma sempre o derradeiro Sábado de Abril!! Ata outra!!

IV NOITE DE FIADEIRO

- Para ampliar as imaxes pinchade sobre elas - Para chegar ata Vilavidal (Ramirás) tedes as seguites opcións: - Desde Ourense/Lugo : Coller a estrada OU-540 en direción a Celanova. Na entrada de Celanova desviarse a dereita (Estará indicado) e continuar pola estrada OU-531, ata chegar a Vilavidal. . - Desde Vigo/Pontevedra : Coller a Autoestrada A-52, saír no desvío de A Cañiza/Crecente (Saída 272). Seguir en direción Cortegada pola Estrada PO-406, que se une coa OU-133. Logo continuar en direción Celanova e seguir a estrada OU-531, ata chegar a Vilavidal. . - Desde Compostela/A Coruña : Coller a Autoestrada AP-53 e logo AG-53, sair no desvio Ourense Sur (Saída 224). Na rotonda da saída, incorporarse a Estrada OU-540 en direción Celanova. Na entrada de Celanova desviarse a dereita (Estará indicado) e continuar pola estrada OU-531, ata chegar a Vilavidal. .