31 mar. 2010

ENCONTRO NACIONAL DE FOLCLORE - VALLADOLID

Os Vindeiros 9, 10 e 11 de Abril Rebulir representará a Galicia no VII Encontro Nacional de Folclore, que se celebrará na cidade de Valladolid, organizado pola Agrupación Castellanos de Olid.

Durante esa fin de semana, participaremos en diferentes actividades, sendo o acto central o Festival que terá lugar na tarde do Sábado 10 e onde coincidiremos con grupos chegados de outras Provincias. A nosa actuación constará de dous pases de 15 minutos cada un con cambio de vestiario, e un variado programa de Danzas. Tras este producirase o intercambio de lembranzas do encontro, que fará o Exmo. Alcalde de Valladolid e outra autoridades. Deixamos a continuación o cartaz anunciador desta edición.
.

9 mar. 2010

GRUPOS E COLABORACIÓNS DA IV NOITE DE FIADEIRO

Tras pechar o pasado Venres 5 de Marzo o prazo para a inscripción como colaboradores na IV edición da Noite de Fiadeiro, presentamos os colectivos que decidiron unirse a nosa troula o vindeiro 24 de Abril, aqui tedes o listado:

- Linho do Cuco (Lalín / A Estrada)
- Cantigas e Agarimos (Compostela)
- Escola Provincial de Danza - Castro Floxo (Ourense)
- Os Chichisos (Pontevedra)
- Atalúns (Pontevedra)
- Pandereteiras Xestreu (Seixalvo - Ourense)
- Pandereteiras Lecer (Pazos de Borbén)
- Cantareiras da Bola (A Bola)
- Gaiteiros Trisquel (Xinzo da Limia)
- Pandereteiras Ediunra (Arnuide - Vilar de Barrio)
- Airiños d´Arnoia (Arnoia)
- Escola de Música Tradicional de Ourense (Ourense)
- Pandereteiras Debanadoira (Maceda)
- MaÇaeda da Limia (Maceda)
- Lembranza-Solpor (Celanova)
- Os Estoupapozas (Ourense)

- CPR Sagrado Corazón (Celanova). Aportarán os Cabezudos a festa
- Alternativas Sociais OU (Ourense). Traerán o Futbol-Chapas
- Lúcete Lecer. (Ourense). Farán Animación de rúa.

Como vedes a lista é longa, así que a festa non faltará e alongarase até altas horas da mañá. A comezos de Abril presentaremos o Cartaz, que recordemos que é obra do pintor Piquico.

Graciñas a tod@s polo interese mostrado.

3 mar. 2010

REBULIR NO ENCONTRO NACIONAL DE FOLCLORE E ACTUACIÓN EN ASTURIAS

Os Vindeiros días 9, 10 e 11 de Abril, Rebulir participará representando a Galicia no Encontro Nacional de Folclore en Valladolid, organizado por Castellanos de Olid.

Ata alí nos desprazaremos o grupo de Adultos e Músicos, para desenvolver un programa de 30 minutos con cambio de vestiario, onde interpretaremos diferentes tipos de danzas, desde as máis tradicionais muiñeiras e xotas, ata danzas procesionais e bailes agarrados.

Xa en Maio (7, 8 e 9) desprazaremonos ata Llangreu en Asturias para actuar no Auditorio Valle del Nalón. Alí desenvolveremos un pequeno espectáculo de 40 minutos dividido en dúas partes e actuando no intermedio a Escola de Música Tradicional de Llangreu.