Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2009

I SERÁN EN BOBORÁS

Os amigos Serandeiros de Boborás andan a argallar o seu I Serán para o vindeiro Sábado día 2 de Maio a partir das 8 da tarde. Algúns rebuldeiros iremos ata alí para montar troula e disfrutar da festa todo o que se poda. Ben seguro que se arma unha boa. Moita sorte e noraboa pola iniciativa!!

XA ESTÁN AS FOTOS E OS VÍDEOS

Boas xente, xa están subidas algunhas das fotos do Fiadeiro do pasado Sábado, podedes velas tirando para abaixo ao final do blog. Se alguén ten máis fotos podedes enviarnolas a rebulir@hotmail.com , agradecemolo moito. Tamén subimos algúns vídeos ao Youtube aqui quedan os enlaces: - http://www.youtube.com/watch?v=XbdOJyOw9Q4 - http://www.youtube.com/watch?v=uK3MEEy7s7Y - http://www.youtube.com/watch?v=m-I4XyiPKKA - http://www.youtube.com/watch?v=6NKQMpbJFv8 - http://www.youtube.com/watch?v=bHQEGeMK-jE - http://www.youtube.com/watch?v=AI0ksounSFo - http://www.youtube.com/watch?v=ZWi9Pp00fgQ - http://www.youtube.com/watch?v=8fYUIJ7I94U - http://www.youtube.com/watch?v=R3fWiXsCGmY - http://www.youtube.com/watch?v=IQT7CMyF93Q Coma sempre, non teñen desperdicio!

MOITAS GRAZAS!

Aló se foi a III Noite de Fiadeiro, de novo podemos dicir que un éxito tanto en asistencia como en troula o cal debemosllo: Aos grupos que puxeron a música: Maghúa, Jalos d´antioquia, Solpor, Castro Floxo, Cantareiras da Bola, Brixel, Cantareiras Lecer, Atalúns, Chichisos, os amigos do serán de Boborás, Rebuldeiros/as (rapaces/as, pais, avós, familiares, amigos...)... A toda esa xente que traballou: taberneiras, pulpeira, fogueteiros, veciños de ramirás, monitores do centro de cultura xaquín lorenzo, traballadores e persoal do Concello de Ramirás, etc. Aos medios de comunicación e blogs que fixeron difusión desta festa: cadena ser-radio ourense, onda cero, radio galega, programa luar da tvg, a voz de galicia , la región, malmequer , mundourense.com , Ourensedixital , ghastaspista , frouma , gaiteiros galegos , canle papigil , rebordondo , maghúa , fotolog-folklore , agrupación O Castelo , Cantareirasblogspot ... E por suposto, moitas grazas, a todos os asistentes que vos animastes a

CHEGOU O DÍA

HOXE 25 DE ABRIL (Aniversario da revolución dos cravos portugusa) CELEBRAMOS A III NOITE DE FIADEIRO. TODO PARECE APUNTAR A QUE A CHUVIA NOS ACOMPAÑARÁ NA XORNADA... POR ESO DECIDIMOS PECHAR PARTE DA CARPA PARA QUE A AUGA NON ENTRE, ASÍ QUE ANIMÁDEVOS A VIR DE TODOS OS XEITOS QUE A TROULA ESTÁ ASEGURADA ATA ALTAS HORAS. MAIS ABAIXO TEDES O PROGRAMA E O PLANO DE SITUACIÓN. ESPERÁMOSVOS EN RAMIRÁS! VEN CANTAR, VEN BAILAR, VEN TOCAR OU SIMPLEMENTE PASALO BEN!!

III NOITE DE FIADEIRO

AQUÍ VOS DEIXAMOS TODA A INFORMACIÓN SOBRE A III NOITE DE FIADEIRO Para agrandalo pulsar sobre a imaxe. QUEDADES CONVIDADAS/OS A VIR CANTAR, BAILAR TOCAR OU SIMPLEMENTE A PASALO BEN E DISFRUTAR DO AMBIENTE! ESPERÁMOSVOS O SÁBADO!!

COMO CHEGAR

Pincha sobre a imaxe para ampliar Para chegar desde Vigo/Pontevedra coller a saída da A-52 de A Cañiza/Crecente, e vir pola OU-531 por Cortegada (Direción Celanova) ata chegar ao pobo de Vilavidal, tárdase menos dunha hora.

AQUI VAI O CARTAZ

Pincha sobre a imaxe para poder ampliala

III NOITE DE FIADEIRO EN MARCHA

Estamos nas semanas previas ao que será a III Noite de Fiadeiro, en Rebulir andamos a ultimar todos os preparativos para que a festa sexa por todo o alto. Recordade que a cita é o 25 de Abril na Praza de San Andrés de Vilavidal-Ramirás. Nos vindeiros días iremos presentando o cartaz e programa, o que agora vos presentaremos son os colectivos colaboradores que nos acompañan nesta edición. - Escola Provincial de Danza-Castro Floxo (Ourense) - Grupo de Música Tradicional Airiños d´Arnoia (Arnoia) - Os Jalos d´Antioquia (A Limia) - Grupo de Danza Lembranza-Solpor (Celanova) - Pandereteiras Lecer (Pazos de Borbén) - Cantareiros Maghúa (A Coruña) - Grupo de Gaiteiros Brixel (Verín) - Grupo de Música Tradicional Os Chichisos (Bueu) - Grupo de Música Tradicional Atalúns (Pontevedra) - Cantareiras da Bola ( A Bola) Por suposto, a estes poden unirse todos aqueles que queiran botarlle unhas pezas ou cantigas, o torreiro está aberto a todos os visitantes.

Fotos do Venrespirar

Os amigos da AOFT Gomes Mouro xa colgaron no seu espazo as fotos do pasado Venrespirar na Efémera (Ourense), onde os rebuldeiros participamos tocando e mesmo levando algo o baile, podedes velas no seguinte enlace: http://aoftou.spaces.live.com/