Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2009

OBRADOIRO DE BAILES TRADICIONAIS AGARRADOS

Seguindo coa programación de Nadal, o vindeiro Sábado día 2 as 18:00 h no Local de Rebulir (Praza de San Andrés - Vilavidal), teremos un Obradoiro de Bailes Tradicionais Agarrados que impartirá David Álvarez do grupo Xalgarete de Vigo. Quedades covidados!! .

EXPOSICIÓN "UNHA OLLADA AO PASADO. FOTOGRAFIAS ANTIGAS DE RAMIRÁS"

O Vindeiro Domingo as 19:00 h a Sra. Alcaldesa de Ramirás Dna. Pilar Otilia López García, O Concelleiro de Cultura D. Carlos Rodríguez xunto co Director da Escola Rebulir, Inaugurarán a Exposición "Unha Ollada ao Pasado. Fotografías Antigas de Ramirás" coordinada por Sandra González Sousa. Nesta estarán expostas a maioría das Fotografías recollidas no II Concurso de Fotografía Antiga, e tamén se presentarán algunhas das mellores do I Concurso, constituindo máis de un centenar de instantáneas. Quedades convidados.

BO NADAL

GAÑADOR PANTALLA PLANA

O NÚMERO GAÑADOR DA PANTALLA PLANA É O 294 Poderá recollela nos vindeiros 20 días na Casa do Concello de Ramirás

SORTEO PANTALLA PLANA

Como sabedes este ano fixemos unhas rifas para sacar uns cartiños para a asociación. Sorteamos unha televisión de pantalla plana 23´´ Modelo LG 227 WD, como a que podedes ver na fotografía. Estade atentos aos vosos números o vindeiro Martes 22. Recordade que ten que coincidir cos tres últimos números do Premio Gordo. E logo podédela recoller nos 20 días seguintes no Concello de Ramirás.

PROGRAMA DO IV FESTIVAL REBULIR

Se pinchades na Imaxe poderedes ver o programa do IV Festival Rebulir. O próximo que publicaremos será o Programa completo de actividades para o Nadal