Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2009

IV FESTIVAL DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL REBULIR

Presentamos o cartaz que anuncia o IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, no cal andamos xa traballando nos últimos preparativos. En vindeiras datas publicaremos o programa completo

MÁIS MATERIAL PARA REBULIR

Rebulir ven de beneficiarse do programa que a Universidade de Santiago de Compostela ten para facilitar material do Almacén desta institución a entidades sen ánimo de lucro. Deste xeito incorporaremos ao noso local: Unha Impresora, un reproductor de vídeo VHF e tamén unha televisión.

I XORNADA DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO

Como vos comentabamos a semana pasada, o vindeiro Domingo 22 iremonos ata Monforte de Lemos en Lugo, convidados pola Asociación Cultural de Amigos da Pandeireta. Alí explicaremos as diferentes tipoloxías de traxes e usos, as pezas dos mesmos e os tecidos. Tamén faremos unha pequena mostra de traxes con xente que se cambiará para a ocasión, algúns deles cedidos polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Xocas, que quizais teña unha das mellores coleccións de traxes que existen en Galicia. Desde aquí o noso agradecemento aos organizadores polo convite e animalos a que sigan traballando por este camiño.

OBRADOIRO DO TRAXE EN MONFORTE

O Vindeiro día 22 de Novembro iremonos ata Monforte de Lemos a desenvolver un Obradoiro sobre o Traxe Tradicional, convidados polos amigos da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta. Explicaremos as diferentes partes e tipoloxías, ademáis de que varias persoas farán de modelos con traxes propios da nosa asociación e algún cedido polo Grupo Castro Floxo (Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo). O lugar escollido é a Casa de Cultura do Concello de Monforte, onde nos xuntaremos as 17.30 h para comezar coa actividade da que esperamos que os receptores saquen proveito. O noso agradecemento aos organizadores polo convite.

MAGOSTO REBULIR

O Vindeiro Sábado día 7 o grupo de Adultos de Rebulir organiza o Magosto da Asociación. A xuntanza comezará a partir das 21:30 h cando se encenderá o lume e cociñará a carne e as castañas todo bañado con viño da terra, o que veña a continuación será segundo depare a noite.