Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2009

SEGUINTE PARADA...

Esta fin de semana andivemos por Tordoia onde disfrutamos dunha gran xornada de Romaría coas amig@s de Brisas do Quenllo que nos trataron coma se estivesemos na casa. Moitas grazas por todo e noraboa pola festa que montastedes! Seguimos de troula, a próxima parada será o Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao, o vindeiro Domingo día 2 de Agosto. Aquí compartiremos escenario con grupos chegados de varios paises. A partir desta seguiremos informando das vindeiras datas. De Romaría Galega por Tordoia

IMONOS A TORDOIA - A CORUÑA.

REBULIR ACTUACIÓNS VERÁN 2009

E seguimos... nas vindeiras datas podedes vernos por: - 25 e 26 de Xullo - Festival en Tordoia ( A Coruña ) - 2 de Agosto - Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao (Portugal) - 19 e 20 de Setembro - Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro (Portugal) Por suposto estaremos en Romarías e Festas pola Provincia de Ourense, segundo se vaian confirmando iremos informando das datas.

ACTUACIÓN EN GRIXÓ

O Vindeiro Domingo día 5 de Xullo, os músicos de Rebulir estarán de Alborada polo pobo de Grixó en Ramirás, con motivo das súas festas patronais. Comezaremos as 10:30 da mañá nun percorrido polo pobo e xa as 12:00 do mediodía daremos outra volta pola sesión vermut. Tras esta actuación comezaremos a preparar o Festival de Tordoia (A Coruña) ata onde nos desprazaremos o día 25 de Xullo, voltando o 26.