Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2009

REBULIR DE NOVO NO VENRESPIRAR

De novo Rebulir colaboraremos cos amigos de Gomes Mouro e Algaravia o vindeiro Venres día 5 de Xuño no derradeiro Venrespirar desta temporada. Desta vez celebrarase no Café Ollo Ledo - Parque das Mercedes (Ourense), ata alí iremos a animar un pouco o baile e botarlle unhas pezas, disfrutando do ambiente cos outros grupos que participarán e facendo unha noitiña de verbena e troula. Animádevos a vir que valerá a pena!

Máis fotos

O amigo Roi, gaiteiro de Casto Floxo, Abelente e outros proxectos musicais varios, pasounos varias fotografías e vídeos da III Noite de Fiadeiro. Estas fotos xa están incluídas na presentación que podedes atopar na parte de abaixo do Blog para que lle botedes un ollo. Graciñas Roi!!

VIII ROMARIA RAIGAME

Coma todos os 17 de Maio, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e mais o Concello de Celanova organizan a Romaría Raigame, que este ano cumpre oito anos. O lugar elexido é o pobo de Vilanova dos Infantes, situado ao carón de Celanova. Durante todo o día xuntaránse a armar troula músicos, bailadores, regueifeiros, cantareiras/Os, artesáns, taberneiros, animadores de rúa, etc. A festa xa é un referente no almanaque para todos aqueles que lles guste disfrutar un día ao xeito máis enxebre e tradicional. O ano pasado, un equipo do programa alalá desprazouse ata Vilanova para adicarlle un programa a Romaría e ao Grupo Castro Floxo, e velaquí unha pequena escolma do resultado final: http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE E aqui vai outro vídeo para que vos fagades ainda mellor a idea: http://www.youtube.com/watch?v=S_iD07GDVjc Rebulir coma nos derradeiros anos, tamén participaremos na festa, toda a escola ao completo iremos a botarlle uns bailes e unhas pezas. O noso turno será as 12