Aló se foi a III Noite de Fiadeiro, de novo podemos dicir que un éxito tanto en asistencia como en troula o cal debemosllo: Aos grupos que puxeron a música: Maghúa, Jalos d´antioquia, Solpor, Castro Floxo, Cantareiras da Bola, Brixel, Cantareiras Lecer, Atalúns, Chichisos, os amigos do serán de Boborás, Rebuldeiros/as (rapaces/as, pais, avós, familiares, amigos...)... A toda esa xente que traballou: taberneiras, pulpeira, fogueteiros, veciños de ramirás, monitores do centro de cultura xaquín lorenzo, traballadores e persoal do Concello de Ramirás, etc. Aos medios de comunicación e blogs que fixeron difusión desta festa: cadena ser-radio ourense, onda cero, radio galega, programa luar da tvg, a voz de galicia , la región, malmequer , mundourense.com , Ourensedixital , ghastaspista , frouma , gaiteiros galegos , canle papigil , rebordondo , maghúa , fotolog-folklore , agrupación O Castelo , Cantareirasblogspot ... E por suposto, moitas grazas, a todos os asistentes que vos animastes a