Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2009

CAMIÑANDO CARA A III NOITE DE FIADEIRO...

Xa andamos argallando o que vai ser a III Noite de Fiadeiro, que como ben sabedes se celebra o derradeiro Sábado de Abril, este ano día 25. Estamos contactando con grupos que desexen colaborar . Se algún grupo de música tradicional ten interese en participar nesta edición, podedes enviarnos unha solicitude ao enderezo: rebulir@hotmail.com , que deberá incluir datos básicos (nome, contacto, número de compoñentes...etc). Tamén podedes enviar por correo postal a: Rebulir. Praza de San Andrés s/n. 32810. Vilavidal-Ramirás-Ourense. Ou mesmo chamando ao 639 90 80 05. Temos un cupo , polo que se escollerán os grupos colaboradores segundo a orde de chegada das súas solicitudes. A data límite para a recepción de solicitudes será o día 1 de Marzo, para conformar xa o cartaz definitivo durante ese mes. http://www.youtube.com/watch?v=IUb1BmYhwRk Aqui tedes un video da pasada edición.

IMOS DE VENRESPIRAR

Comezan de novo, os venrespirar en Ourense .Festas itinerantes de música e baile, organizados por "Algaravía" e "AOFT Gomes Mouro".Realízanse en diferentes locales da cidade de ourense e coinciden este ano, no primeiro venres de cada mes salvo en maio, que será o segundo, o dia 8, (comezan as 22:30)Aquí tedes as datas e lugares: - 6 de Febreiro......Grándola - 6 de Marzo........Foula - 3 de Abril...........A Efémera - ( REBULIR encargarase da TROULA ) - 8 de Maio..........Don Gaetano - 5 de Xuño..........Ollo Ledo Estas festas están abertas a toda a xente que queira vir e participar, xa sexa tocando, bailando, cantando ou simplemente Tomándolle algo e disfrutando do ambiente. Quedades todos convidados a vir e participar!!! http://aoftou.spaces.live.com/