Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2009

CONVIDADOS DE NOVO

A Escola de Etnografía da Casa do Povo de Cacia ven de convidar de novo a Rebulir a participar no seu Festival Internacional Xuvenil que se celebrará os dias 19 e 20 de Setembro en Cacia-Aveiro (Portugal). Ata alá nos voltaremos a desprazar o grupo de Medianos da nosa escola e mais o grupo de gaiteiros. Será un pracer poder disfrutar de novo deste festival, asi que lle agradecemos moito aos organizadores que volten a contar con nos. Fotografía de Grupo no Festival de Cacia-Aveiro en Setembro 2008

PECHANDO DATAS...

Comezamos a saber xa dalgunhas actuacións para os vindeiros meses: - 21 de Marzo: Actuación en O Mosteiro ( Ramirás ) - 25 de Abril: III Noite de Fiadeiro - 2 de Maio: I Serán de Boborás - 17 de Maio: Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes En canto vaiamos confirmando máis datas xa vos iremos informando.

PECHE DA EXPOSICIÓN NO PICOUTO

O vindeiro Sábado día 17 será o derradeiro día para poder disfrutar da exposición "Os Tempos de Antes. Fotografias Antigas de Ramirás" no Centro Cultural de O Picouto, xa que tras esta xornada será recollida. Tras o éxito da exposición, esta percorrerá os diferentes centros culturais do Concello para facela máis extensible e asequible de visitar a todos os habitates do Concello, que se atopan vivindo en outros pobos. Imaxe da Exposición en O Picouto

RETOMAMOS...

Voltamos ao traballo despois destas "vacacións" de Nadal, así que o Sábado día 10 no horario habitual comezaremos as clases, con algunhas renovacións no local como a incorporación de espellos e instalación do equipo informático. E agora a seguir traballando neste 2009 con máis ideas e as mesmas ganas de traballar. Ide apuntando a data: O 25 de Abril teremos a III Noite de Fiadeiro que este ano intentaremos que sexa se cabe mellor que o ano anterior. (Aceptanse ideas e propostas ).

NOVAS FOTOS E VIDEOS

Boas de novo. Xa rematamos o programa de actividades de Nadal e mellor que falar da participacion no mesmo preferimos poñer as fotografías das diferentes actividades para que xuzguedes vos mesmos/as, así que ide a parte baixa do blog e poderedes botarlle unha ollada. Tamén subimos algúns vídeos ao youtube do III Festival BMT Rebulir (un por grupo) a continuación aparecen os enlaces aos mesmos. http://www.youtube.com/watch?v=6GIuEa9a7bo http://www.youtube.com/watch?v=qzJ1Ddz7APE http://www.youtube.com/watch?v=jfsQMbMECL4&feature=related http://www.youtube.com/watch?v=UubLVdqJjLg&feature=related http://www.youtube.com/watch?v=qoU7kXljusE http://www.youtube.com/watch?v=VpbS6dDebN8&feature=related Temos que agradecer estes vídeos ao noso amigo Benito do Grupo Retrouso, por enviarnolos.