27 ene. 2008

VENRESPIRAR 2008


COMEZAN DE NOVO, OS VENRESPIRAR EN OURENSE!!!

FESTAS ITINERANTES DE MÚSICA E BAILE, ORGANIZADOS POR "ALGARAVÍA" E "AOFT GOMES MOURO".
REALÍZANSE EN DIFERENTES LOCALES DA CIDADE DE OURENSE E COINCIDEN O PRIMEIRO VENRES DE CADA MES SALVO EN MAIO, QUE SERÁ O SEGUNDO.

AQUÍ TEDES AS DATAS E LUGARES:

1 de febreiro......Liceo
7 de marzo........Efémera
4 de abril...........Foula
9 de maio..........Don Gaetano
6 de xuño..........Ollo Ledo

ESTAS FESTAS ESTÁN ABERTAS A TODA A XENTE QUE QUEIRA VIR E PARTICIPAR, XA SEXA TOCANDO, BAILANDO, CANTANDO OU SIMPLEMENTE
TOMÁNDOLLE ALGO E DISFRUTANDO DO AMBIENTE

QUEDADES TODOS CONVIDADOS A PARTICIPAR!!!

AQUI POÑEMOS UN VIDEO DO PRIMEIRO VENRESPIRAR DA PASADA EDICIÓN.

26 ene. 2008

IMOS A MACEDA


Tras actuar os amigos de Maceda no noso festival de Nadal, agora son eles os que nós convidan a ir alá, e por suposto non nos negamos. A data prevista é o vindeiro 16 de Febreiro. A hora de actuación será arredor das 7 da tarde.

Unha aperta Debanadoira, Chouteiros e mais MaÇaeda da Limia. Vemonos pronto!

19 ene. 2008

UNHA BOA CANCIÓN

Aqui mostramos unha desas grandes cancións que nos representan os ourensáns, O Paraugas do Xosé en versión orixinal interpretada pola charanga do Cuco de Velle. Canción que lle estamos a ensinar neste momento ós rapaces da escola, por iso a publicamos. Esperamos que a disfrutedes tanto coma nós.

13 ene. 2008

POR FIN NOVAS FOTOS

Publicamos as novas fotos que nos van pasando (Grazas Cristina), se queredes velas turrade para abaixo na páxina e alí están. Hai algunha do festival de baile e música tradicional do nadal, engadimos novas da xornada de xogos tradicionais e chiculatada ( miradeas que non teñen desperdicio )e tamén algunhas de actuacións do ano pasado.

Esperamos que vos gusten. E por certo se alguén ten máis fotos que nolas mande o noso correo rebulir@hotmail.com

1 ene. 2008

ANO NOVO ... PROXECTOS NOVOS

Feliz ano 2008 a todos os que nos estades acompañando na nosa andaina cultural!
En rebulir comezamos o ano con moita ilusión nos novos proxectos que virán, o máis asentado e dos que vos avisamos para que vaiades reservando a data é a II Noite de Fiadeiro que como o ano pasado será o derradeiro sábado de Abril ( Sábado 26 ), sempre que todo nos sexa favorable.Pero de todos os xeitos xa iremos informando.

Unha aperta, saúde e festa!