Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2007

CURSO DE INICIACIÓN O BAILE E MÚSICA TRADICIONAL PARA ADULTOS

BOAS FESTAS

I SERÁN URBÁN EN OURENSE

Desde Rebulir animamosvos a que participedes na primeira edición do serán urbán da cidade de Ourense que sirve de peche a unha chea de actividades no eido tradicional dentro do marco dos Domingos de Lecer. A nosa escola estará presente armando festa, deso non ai dúbida. - A cita é na explanada das Burgas arredor das 17:00 h da tarde do vindeiro domingo día 23 de Decembro . - Organiza : AMT Gomes Mouro. - Patrocina : Concelleria de cultura do Concello de Ourense.

ULTIMANDO DETALLES

Como sabedes o vindeiro sábado 22 celebramos o festival de nadal no Picouto , estamos a últimar detalles para que saia todo o mellor posible , esperemos que esto sexa así e non haxa ningún imprevisto.

FELICIDADES XIRADELA

Desde este modesto blog queremos felicitar a asociación xuvenil Xiradela de Arteixo , por acadar o premio IAR de folclore galego e por suposto polo seu 25 aniversario. Xente coma vos sérvenos de referente os colectivos máis noveis, non todos os días se cumpren 25 anos o pé do cañón , así que ese premio está ben merecido.

CURSO DE INICIACIÓN O BAILE E MÚSICA TRADICIONAL PARA ADULTOS

FESTIVAL EN MACEDA

Os de Rebulir tamén nos gusta sair a actuar por ai , a primeira parada vai ser en Maceda en resposta a visita que nos farán eles no noso festival . A data vai ser o sábado día 19 de Xaneiro , a hora inda non o sabemos . Grazas Debanadoira , Chouteiros e mais MaÇaeda da Limia pola visita e o convite ! Vémonos o 22 no noso festival ! PD: A foto é do grupo de baile Chouteiros de Maceda.