Ir al contenido principal

IDENTIFICARTE - I CERTAME DAS EXPRESIÓNS CULTURAIS EN/DE RAMIRÁS

IDENTIFICARTE

I CERTAME DAS EXPRESIÓNS CULTURAIS EN/DE RAMIRÁS

BASES

PARTICIPANTES

O I certame Identificarte de Ramirás contará con dúas seccións, unha pensada para nenas e nenos en idade escolar (ata os 12 anos), e outra para todas as persoas maiores de 12 anos. En ambos casos, poden concorrer todas as persoas que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade.

A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases.

CATEGORÍAS

1- Fotografía. Poderán presentarse instantáneas de espazos naturais, lugares emblemáticos, patrimonio material, arquitectura, paisaxes… situados no Concello de Ramirás. Aceptaranse fotos de arquivo sempre e cando sexan actuais.

Límite 5 fotografías por candidato/a. Tamaño = 12 mpx. Prohíbese a utilización de efectos, filtros ou retoques. Imaxes en color.

2- Artes plásticas. Esta categoría engloba debuxos, pinturas, deseños gráficos e outras expresións artísticas desta índole. Estas deberán facer referencia a Ramirás de maneira expresa ou figurada.

Límite 5 propostas por candidato/a. Tamaño mínimo A5. O formato de presentación será dixital (escaneado) e enviarase en formato pdf ou png.

3- Literatura. Poderán presentarse textos narrativos, poéticos, ensaio e outros xéneros literarios sempre e cando fagan referencia ao Concello de Ramirás.

Límite = 3 páxinas en A4. Times New Roman 12, entreliñado 1,5, sangría simple. Envío en formato PDF.

Non se poderán presentar a este certame obras xa premiadas en concursos similares.

TEMÁTICA

Todos os documentos presentados deben estar situados en RAMIRÁS e ter como obxecto destacar a cultura, gastronomía, historia, arquitectura, natureza, ou costumes da contorna do Val do Tuño. A organización resérvase o dereito de aceptar as obras segundo se axusten ou non á temática exposta e ao posible incumprimento de valores mínimos éticos que poidan ser ofensivos. Non se aceptarán fotografías pornográficas ou que incorran en insultos ou faltas de respecto a persoas ou colectivos.

ENVÍO DAS PROPOSTAS

Os concursantes dispoñerán dun período total de varios meses, ata o 10 de setembro de 2021 para enviar as súas propostas. Os envíos faranse ao e-mail:

asociacionxuvenilviraxe@gmail.com

Asunto: “Certame Identificarte”

Cada proposta deberá ser acompañada dunha descrición que explique a súa aportación (lugar, data, representación...) + datos básicos da persoa que concursa (autoría + datos de contacto).

No caso de arquivos moi grandes recoméndase utilizar plataformas virtuais para o seu envío en adxunto.

PREMIOS

En cada categoría haberá 3 premios + accésit infantil (0-12 anos):

1º Premio: Diploma + Vale de 100 Euros nun establecemento de restauración de Ramirás.

2º Premio: Diploma + Vale de 50 Euros nunha tenda de Ramirás.

3º Premio: Diploma + agasallo de Artesanía de Galicia + Lote de Libros.

1 Accésit infantil (0 a 12 anos): Diploma + Vale de 60 Euros para unha animación infantil (2 horas) coa empresa Xurxemurxe.

Os premios serán entregados nun acto público no mes de Setembro. As persoas premiadas deberán acreditar a súa identidade no momento de recibir o galardón.

O prazo para consumir os vales será de 6 meses desde a data de entrega do Vale.

PUBLICACIÓN

Ao longo da fase de votación, as propostas presentadas poderán ser utilizadas nas diferentes plataformas de difusión dos organizadores co único obxecto de promocionar a fase participativa do concurso. As Asociacións organizadoras resérvase o dereito de usar na web, nas redes sociais, nas exposicións e campañas promocionais as imaxes, textos ou soportes artísticos presentados.

DEREITOS SOBRE AS PROPOSTAS

A Asociación Rebulir e A Asociación Xuvenil Viraxe resérvanse o dereito (non exclusivo) para reproducir en soportes informativos e promocionais propios e expoñer de maneira libre calquera das propostas que os usuarios compartan para os concursos. En ningún caso cederanse a terceiros, salvo autorización expresa do autor. Os participantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros sobre as súas fotografías,

textos, ou outras expresións artísticas presentadas. Os organizadores comprométense, pola súa banda, a indicar o nome do autor cada vez que a súa imaxe sexa reproducida.

XURADO

O xurado de cada categoría estará composto da seguinte maneira:

- Un/unha representante da Asociación Cultural Rebulir

- Un/unha representante da Asociación Xuvenil Viraxe

- Un/unha convidado/a externa

O seu veredicto será inapelable e farase público a través das plataformas dixitais das asociacións Rebulir e Viraxe.

ACEPTACIÓN DAS BASES

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, a organización quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída con devandito participante.

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 (GDPR), Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPDCP, 15/99), Regulamento de Desenvolvemento da LOPDCP (Real Decreto, 1720/2007, de 21 de decembro), informámoslle que se manterán todas as medidas para a salvagarda dos datos persoais.

Comentarios