Ir al contenido principal

PROTOCOLO HIXIENICO-SANITARIO PREVENCIÓN COVID - AC REBULIR - Curso 2020/2021

 

LIÑAS XERAIS

-          O alumnado manterá a mascarilla posta en todo momento. Tanto nos accesos e saídas, como cando permaneza no interior dos locais asistindo as actividades.

-          As actividades desenvolveranse preferiblemente nos espazos asignados nos seus horarios, e velarase por unha boa ventilación dos mesmos (cumprindo as recomendacións do Goberno de España sobre o uso de sistemas de climatización e ventilación para previr a expansión do COVID-19[1]).

-          Na medida do posible, manteranse as portas abertas con cuñas ou outro tipo de sistemas que eviten o contacto das persoas con pomos e manillas.

-          O número de persoas por actividade non superará o máximo establecido pola Xunta de Galicia para xuntanzas deste tipo. No caso de espazos pechados limitarase a ocupación aos metros cadrados establecidos pola normativa vixente[2].

-          O cumprimento das medidas será de responsabilidade individual, aínda que as entidades facilitarán os medios para que sexa posible. Se algunha persoa ten síntomas do COVID 19 (Tose, febre, perda de gusto…) non deberá asistir baixo ningún concepto as actividades e informará debidamente as autoridades sanitarias.

-          A entidade velará polo bo cumprimento da normativa vixente, reservándose o dereito de admisión para a participación nas actividades.

-          No caso de préstamo de material por parte da asociación (vestiario, instrumentos, útiles…) deberá seguirse o protocolo de desinfección establecido.

LOCAIS E ESPAZOS DE ENSAIO

-          A Asociación deberá poñer a disposición do alumnado dispensadores de xel hidroalcohólico, e outros produtos destinados a desinfección. No caso da utilización de locais públicos seguirase as indicacións da administración responsable.

-          O mobiliario indispensable para cada actividade (cadeiras, mesas, atriles…) será desinfectado antes e despois do seu uso por cada alumno/a. No caso dos/as menores de idade será a asociación a encargada da súa desinfección.

-          Realizaranse tarefas de ventilación e desinfección entre clase e clase con un mínimo de 5 minutos. Nese tempo non poderá entrar ninguén ata que se cumpra o tempo de limpeza.

-          A utilización do aseo (no caso que se permita o seu uso), será dunha persoa, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia.

-          Non se poderá comer dentro das aulas.  

ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES

-          Os/as mestres/as deberán manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións e utilizar máscara en todo momento.

-          Deberán delimitarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal entre alumnas/os  con marcas fixas.

-          Non poderá entrar na sala, ou acceder ao espazo delimitado para os ensaios, ningunha persoa allea á actividade que se estea realizando nese momento e que non teña autorización previa.

-          Establécense as seguintes recomendacións xenéricas para as actividades de Baile Tradicional

o   Requírese o uso de máscara en todo momento[3]. É imprescindible facer bo uso da mesma, colocándoa correctamente, e contar cun bo estado da máscara.

o   Como medida xeral evitarase o contacto físico, polo que se tentará facer bailes que non requiran contacto.

o   No uso de elementos físicos (arcos, castañolas, paus…), que non sexan de uso persoal e intransferible, deberanse desinfectar correctamente, e ademais acollerse as medidas descritas para bailes con contacto. 

o   Recoméndase facer máis rotacións/descansos para poder respirar unha distancia axeitada do resto de compañeiros/as. No caso de ser preciso tomar aire sen mascarilla farase coa distancia oportuna, e preferiblemente no exterior dos locais.

o   As explicacións, reunións ou xuntanzas faranse en círculo aberto, usando mascarilla e mantendo as oportunas distancias.

-          Establécense as seguintes recomendacións xenéricas para as actividades de canto con acompañamento de percusión (pandeireta, pandeiro, tixola, lata, pandeira…):

o   Os ensaios faranse extremando as distancias oportunas, preferiblemente en circulo aberto ou estrutura semellante.

o   Requírese o uso de máscara en todo momento[4]. É imprescindible facer bo uso da mesma, colocándoa correctamente, e contar cun bo estado da máscara.

o   Os instrumentos serán de uso individual, e non poderán ser compartidos. Sinalarase o nome da persoa que o utiliza, ou algún indicativo que sinale a propiedade de cada un deles.

o   As cadeiras, atriles, mesas… ou outros elementos que se usen deberán ser desinfectados por parte do alumnado antes e despois do seu uso.

-          Establécense as seguintes recomendacións xenéricas para as actividades de música tradicional:

o   Será obrigatorio o uso de mascarilla. Asemade, recoméndase o uso de mascarilla naqueles músicos que non fagan uso de instrumentos de vento soprado. 

o   Os instrumentos serán de uso individual, e non poderán ser compartidos. Sinalarase o nome da persoa que o utiliza, ou algún indicativo que sinale a propiedade de cada un deles.

o   As cadeiras, atriles, mesas… ou outros elementos que se usen deberán ser desinfectados por parte do alumnado antes e despois do seu uso.

o   Recoméndase que cada alumna/o afine ou prepare o seu instrumento baixo as indicacións do seu mestre/a.

ALUMNADO e ASISTENCIA A ACTIVIDADES

-          O alumnado deberá sempre manter a distancia de seguridade interpersoal entre os demais compañeiros/as e cumprir a normativa establecida para desinfección e protección.

-          Cumpriranse as seguintes indicacións para entradas e saídas:

o   Uso obrigatorio de mascarilla, desinfección de mans e toma de temperatura.

o   Desinfección de calzado.

o   Manterase o distanciamento de seguridade sen conxestionar os puntos de acceso.

o   Atenderase en todo momento as indicacións do profesorado.

-          Utilizarase a máscara durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións. E non se permanecerá nos lugares de paso.

-          Cada alumna/o deberá tocar o seu instrumento ou o que estea habilitado desde a asociación. Dito elemento terá unha marca identificativa que o diferencie dos demais.

-          As botellas de auga deberán ser individuais e terán que estar identificadas correctamente cunha etiqueta ou distintivo. Non se permitirá comer no interior das instalacións.

-          As toallas ou roupa de muda deberán ser de uso individual e estás gardadas en bolsas sen ter contacto con ningunha outra superficie.

ACTUACIÓNS e EVENTOS

-          Manterase a distancia de 4 metros co público, sen contacto coas persoas que asistan.

-          A organización dos eventos deberá prever o cumprimento das medidas hixiénicas e sanitarias, e dispoñer do material necesario para o desenvolvemento seguro das actuacións.

-          As agrupacións, grupos, asociacións ou colectivos adaptarán o seu número ao espazo indicado por parte da organización para a realización do evento/actuación.

-          Non se poderán compartir bebidas ou comidas, tendo que dispoñer de vasos/botellas individuais.

-          En camerinos ou espazos destinados a cambio de vestiario deberanse respectar estritamente as medidas de distanciamento, algo que deberá ser previsto por parte da organización do evento.

-          As entradas e saídas ao espazo habilitado para a actuación será de maneira ordenada, mantendo as distancias de seguridade  e con uso de mascarilla. Tamén se seguirán estas indicacións para os movementos en camerinos e espazos comúns.

-          No momento da actuación deberase utilizar a mascarilla sempre que non se podan extremar as medidas de distanciamento interpersoal. En todo caso, deberase atender as medidas específicas para cada evento.

 

 

COMUNICACIÓN E SEGUEMENTO DE SINTOMATOLOXÍA COVID-19

-          Contase cun listado de asistencia de alumnado as diferentes actividades para manter un control de contactos e seguimento. Este listado estará actualizado e dispoñible para as autoridades sanitarias se así o requirisen.

-          As entidades deberán contar cos datos básicos de contacto das persoas que asisten as súas actividades os cales deberán ser facilitados as autoridades sanitarias no caso dun seguimento de contaxio.

-          En caso de detección dun sospeitoso por COVID-19 no entorno da actividade, deberanse seguir as pautas determinadas polas autoridades sanitarias. A persoa afectada retirarase do grupo e conducirase a outro espazo, facilitándolle unha máscara cirúrxica. Este espazo deberá ser elixido previamente, e debería contar con ventilación adecuada, e unha papeleira de pedal con bolsa, onde tirar a máscara e panos que se poidan desbotar. Contactarase co centro de saúde correspondente á persoa ou co teléfono de referencia (900 400 116), e seguirán as súas instrucións. Se se percibira gravidade chamarase ao 061. Haberá que realizar unha boa ventilación, limpeza e desinfección deste espazo e do resto das estancias onde estivera a persoa, acorde á situación do risco. Será preciso tamén illar o contedor/papeleira onde se depositaran os panos ou outros produtos usados. Esa bolsa de lixo deberá ser extraída e colocada nunha segunda bolsa de lixo, con peche, para o seu depósito no lugar onde se determine.

DOCUMENTOS UTILIZADOS:

1.        REAL DECRETO-LEY 21/2020, de 9 de junio, de medidas urgentes de prevención, contención y coordinación para hacer frente a la crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19. Recuperado de: https://www.boe.es/eli/es/rdl/2020/06/09/21

2.        RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Recuperado de: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200613/AnuncioC3K1-120620-1_gl.html

3.        RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Recuperado de: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200627/AnuncioC3K1-250620-1_gl.html

4.        Recomendacións da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Recuperado de: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/383/recomendacions_nova_normalidade.pdf

5.        Recomendacións da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social para  das actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre adaptadas á situación de COVID-19. Recuperado de:

http://xuventude.xunta.es/images/Novas/2020/xuno/Recomendacions_ocio_educativo_tempo_libre_Galicia.pdf

6.        Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19 no ámbito do deporte federado de Galicia da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Recuperado de: https://deporte.xunta.gal/sites/w_deport/files/documentacion/convocatorias/protocolo_fisicovid.pdf

7.        Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19 da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Recuperado de: https://ficheiros-web.xunta.gal/cultura/publicacions/plan-reactivacion-cultural-turistica.pdf

8.        Recomendacións do Goberno de España sobre o uso de sistemas de climatización e ventilación para previr a expansión do COVID-19. Recuperado de: https://www.miteco.gob.es/es/ministerio/medidas-covid19/sistemas-climatizacion-ventilacion/recomendacionesdecontrolymantenimiento1_tcm30-509985.pdf



[1] Recomendacións do Goberno de España sobre o uso de sistemas de climatización e ventilación para previr a expansión do COVID-19

https://www.miteco.gob.es/es/ministerio/medidas-covid19/sistemas-climatizacion-ventilacion/recomendacionesdecontrolymantenimiento1_tcm30-509985.pdf

[2] Resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidadede: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200627/AnuncioC3K1-250620-1_gl.html

[3] Resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidadede: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200627/AnuncioC3K1-250620-1_gl.html

[4] Resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidadede: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200627/AnuncioC3K1-250620-1_gl.html

Comentarios