Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2015

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A XUNTA DIRECTIVA

Tal e como establecen os estatutos da asociación, este curso toca convocar eleccións a Xunta Directiva de Rebulir. Reunida a actual Xunta en sesión extraordinaria no mes de Abril decidiuse establecer a votación para o S ábado 9 de Maio de 2015 , no propio local da Asociación (Pza. San Andrés - S/N. Vilavidal, Ramiras) onde se establecerá unha furna destinada a tal fin. O horario de votación será de 16 h. a 20 h ., co seu posterior escrutinio.  Para poder exercer o dereito a voto, ou presentar candidatura, deberase ser socio da Asociación Cultural Rebulir, de maneira previa a esta convocatoria.  Nestes dias está aberta a presentación de candidaturas, ata o vindeiro 3 de Maio, segundo os criterios establecidos nos estatutos da asociación e na acta respectiva da xunta directiva.