Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2014

CANTOS DE REIS e chegada das SS.MM. Os REIS MAGOS en RAMIRÁS

RIFAS DE NADAL - NÚMEROS

Os agraciados dos nosos sorteos son: 1º PREMIO  - 437 -  Unha fin de semana (dúas noites) no Balneario de Laias-Caldaria para dúas persoas con tratamento antiestrés. 2º PREMIO  - 845 -  Cesta de productos galegos  3º PREMIO  - 637 -  Lote de productos galegos Quen sexa posuidor destas rifas ten ata o 31 de Xaneiro para recoller os seus agasallos contactando coa organización no Tel. 639 908 005. Despois desta data se ninguén recolleu o seu agasallo daremos o premio como deserto. Boas festas, e grazas pola colaboración

IX FIR_2014 - Festival Internacional Rebulir

Entramos na semana de desconto cara a que será a IX edición do FIR (Festival Internacional Rebulir). Nesta fin de semana entre o 19 e 21 de Decembro poderedes disfrutar de múltiples propostas de Cultura tradicional chegada de Aragón, Castela e León, Portugal, Senegal, e por suposto cunha ampla delegación galega. A Gala central terá lugar o Sábado 20 as 19 h. no Polideportivo de O Picouto, sendo o mestre de cerimonias Miguel Ferreiro. Nesta tarde os colectivos ofrecerán aos visitantes o mellor da súa gastronomía, e por suposto as músicas e bailes propios. O padriño deste 2014 será o presentador Xose M. Piñeiro (Superpiñeiro), e tamén cabe destacar a colaboración do grupo Puntada sen Fío que fará a súa aportación musical. Tedes toda a información dispoñible na web habilitada a este respecto:   www.festivalrebulir.com , e como adianto deixamosvos o Vídeo Promocional deste IX FIR_2014.

REBULIR EN CASTALLA (ALICANTE)

O Grupo de Adultos de Rebulir, xunto co grupo de música tradicional e pandereteiras da asociación desplazarase na vindeira ponte de Decembro (Do 5 ao 8) ao Festival Estatal de Folclore "Danses i Cançons de Castalla" en Castalla (Alicante). Este é un festival que organiza o grupo local e patrocina o Ayuntament de Castalla.  O colectivo representará o folclore galego e ourensán nesta mostra, que ten a súa gala central o Sábado día 6, pero que consta de máis actividades paralelas nas que participará a delegación ramirense.  Agradecer ao Grup de Danses i Cançons de Castalla o convite para visitar terras valencianas,  así como as facilidades para que o noso desprazamento. Ben seguro será un bonito viaxe e viremos cargados de recordos e experiencias.

XA A VENDA AS RIFAS DE NADAL DE REBULIR

Xa temos a venda as Rifas de Nadal. Este ano veñen máis cargadas que nunca, e por tan só 1 Euros podedes gañar: 1. Coincindindo coas últimas tres cifras do primeiro premio da loteria de nadal = 2 NOITES DE ALOXAMENTO + TRATAMENTO antiestres  para dúas persoas  en Balnearios de cadena CALDARIA. 2. Coincidindo coas últimas tres cifras do segundo premio da loteria de nadal = Unha CESTA DE PRODUCTOS galegos 3. Coincidindo coas últimas tres cifras do terceiro premio da loteria de nadal = UN LOTE DE PRODUCTOS galegos. Se queredes participar no sorteo, e ademáis colaborar co desenvolvemento de actividades da Asoc. Cult. Rebulir podedes contactar con algún dos membros da nosa escola ou ben directamente no noso local.  Grazas por colaborar e moita sorte. 

AMPLIAMOS INSTRUMENTOS

A Deputación Provincial de Ourense ven de conceder unha axuda para a ampliación de instrumentación da Escola Rebulir. Estos instrumentos serán elaborados no Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense que dirixe  o luthier Manuel Brañas. Este conxunto instrumental está formado por pandeiretas, pandeiras e pandeiros de mao que axudarán a aumentar o nivel dos nosos grupos de pandereteiras e tamén a diversificar o seu repertorio. 

REBULIR NO LUAR DA TVG

O grupo de adultos de baile tradicional, con algunha nova incorporación, xunto coas pandereteiras de Rebulir estaremos o vindeiro Venres día 24 de Outubro no programa Luar da TVG. Desta vez  bailaremos a Muiñeira de Esperanzo.  Sempre é un placer actuar no Plato 1000 de Montouto, esperamos que vos guste o que vos temos preparado. 

APERTURA CURSO 2014/2015

Despois dun verán moi intenso voltamos con novas ideas e propostas para o curso 2014/2015. O Acto de presentación terá lugar o Venres día 26 de Setembro as 20 h. no noso local (Pza. San Andres - Vilavidal). Deste xeito, convocamos a todas aquelas persoas interesadas a asistir posto que aquí será onde se presente a profesorado, horarios, actividades, grupos... etc e todas as novidades para o vindeiro ano.  Tras este acto de apertura organizaremos unha ASAMBLEA ABERTA onde a directiva dará conta do estado económico da asociación e presentará a previsión para 2015. Tamén servirá para que todos aqueles socios (ou representantes legais) podan facer as súas aportacións ou facer chegar tódalas dúbidas que estimen. Con isto Rebulir espera seguir medrando e reforzándose como asociación e como colectivo de música tradicional, e así contribuír desde este recuncho da provincia de Ourense ao mantemento, difusión e posta en valor do patrimonio galego.   

SEGUINTES PARADAS... Festas de Penosiños e Festival das Artes Escénicas de Riós

Tras chegar de terras francesas nós seguimos coa  nosa programación de verán. A primeira parada será no pobo ramirense de Penosiños, onde o Domingo día 10 faremos a animación das súas festas.  Posteriormente o Mércores 13 de Agosto turraremos cara o Festival das Artes Escénicas de Riós  onde os nosos músicos e cantareiras farán unha verbena ao estilo máis tradicional, animando aos presentes a unirse ao baile.  Posteriormente entre o 15 de Agosto e o 1 de Setembro tomaremonos unhas merecidas vacacións e a asociación pechará a súa actividade. Deste xeito colleremos forzas para comezar un novo curso durante o mes de Setembro.  

REBULIR DE VIAXE EN FRANCIA

O Colectivo Rebulir desplazarase entre os días 17 e 22 de Xullo a Francia para participar no Festival Internacional Folklores du Monde en Sant Vincent de Tyrosse. Este encontro está organizado por Lous Crabots de Semisens e conta co recoñecemento de IOV (International Organization of Folk Art) e atópase na rede Festivals du Sud. Rebulir será o representante de Galicia compartindo escenario con grupos de diferentes localizacións xeográficas do mundo como: Francia, China, Euskadi... entre outros.  Desde Rebulir queremos agradecer a Lous Crabots o convite realizado, para nós será un pracer e unha honra poder participar neste prestixioso festival. Máis información en: http://www.tyrosse.fr/  http://www.louscrabots.com/lang/es/festival.php

REBULIR NO II FESTIVAL XIRONDIÑA / LUMEIRADA DO RÍO DEVA 2014

Un ano máis Rebulir participará na Lumeirada do Río Deva, este ano no marco do II Festival de Baile e Música Tradicional que organiza a Escola Xirondiña de Pontedeva. Compartiremos programa cos anfitrións, a escola de acordeóns de Cea e a Asociación de Amigas da Pandeireta de Monforte de Lemos. Logo pola Noite haberá concertos con Muxarega e A Requinta da Laxeira. 

AVISO FESTA PECHE DE CURSO

RECORDADE QUE A FESTA DO SOCIO CÁMBIASE PARA O DÍA 6 DE XULLO. Teremos hinchables, animación, música, festa de espuma... todo para pasar unha tarde de lecer e darlle un bo peche ao curso.  AVISO: En caso de CHUVIA o evento celebrarase no POLIDEPORTIVO DE O PICOUTO. Esperamosvos a todos igualmente. 

FESTA DE PECHE DO CURSO 2013 / 2014

Esta semana dámoslle peche ao curso 2013 / 2014 cun programa de actividades por todo o alto. Esperamos que disfrutedes desta fin de semana de troula. 

REBULIR NA ROMARÍA RAIGAME

Un ano máis polo 17 de Maio, e xa van uns cantos, Rebulir  acudirá cita coa Romería Raigame en Vilanova dos Infantes na súa XIII edición.  Este ano participarán todos os alumnos da nosa escola (músicos, cantareiras, bailador@s...), e o noso programa particular (Conxuntamente coa Escola Xirondiña Pontedeva) será o seguinte: - 11:20 h. Saída en Pasarrúas desde a Igrexa de Vilanova - 11:30 h. Actuación na Praza Tralacerca. 1. Grupo Infantil Rebulir (Pandeirada dos nenos) 2. Escola Xirondiña de Pontedeva (Xota dos nenos) 3. Grupo Xuvenil Rebulir (Muiñera de Forcarei) 4. Grupo Adultos Rebulir (Muiñeira de Esperanzo) - 12:00 h. Actuación na Praza Maior.    1. Grupo Infantil Rebulir (Pandeirada dos nenos) 2. Escola Xirondiña de Pontedeva (Muiñeira de Deva) 3. Grupo Xuvenil Rebulir (Muiñera de Forcarei) 4. Grupo Adultos Rebulir (Xota de Ordes) - 12:30 h. Actuación na Praza do Castelo 1. Varias pezas das cantareiras 2. Varias pezas dos músicos 3.

MONOGRÁFICO DE AFINACIÓN E TEMPERO DA GAITA con DANI BELLÓN

Un novo monográfico chega a Rebulir, desta vez dirixido aos gaiteiros. A finalidade deste novo espazo formativo será aprender e optimizar certas estratexias que permitan controlar a afinación e tempero da gaita galega.  O mestre elexido é Dani Bellón, un dos máis recoñecidos gaiteiros da música tradicional galega. Ademáis de posuir o grado oficial de Gaita, conta con máis de 40 galardóns as súas costas entre os que destacan o Constantino Bellón(3 ocasións), o Gaiteiro de Soutelo (4 ocasións) e o Trophee Macallan de Lorient no 2003. Destacar tamén que no ano 2010 foille concedido o título de "gaiteiro maior de Fene", ademáis de poñerlle o seu nome ao Aula de música do IES de Fene. Incluso no ano 2011 recibe a insignia de ouro de "amigo da cultura celta". Na súa labor docente destaca a creación xunto con Diego Maceiras da escola "Bellón-Maceiras" a cale leva formado a ducias de alumnos nos derradeiros anos. Por último, destacar que tamén a súa faceta

TRABALLAMOS XUNTOS REBULIR, FURAFOLLAS E XIRONDIÑA

As Asociacións Furafollas de Oroso (A Cañiza), Xirondiña (Pontedeva) e Rebulir (Ramirás); asinaremos nos próximos días un convenio de colaboración  para desenvolver proxectos en común e así beneficiarnos conxuntamente.  Todos os colectivos compartimos a mesma idea en torno a recuperación, difusión e posta en valor da cultura tradicional e do movemento asociativo, polo que nos pareceu coherente facer forza para traballar xuntos por estes obxectivos. Establécese así unha rede de traballo mancomunado asentado sobre os piares de relacións de amizade xa consolidadas.  O primeiro dos encontros será o vindeiro Xoves día 1 cando se formalizará o acordo entre @s amig@s dos Furallofas e Rebulir, todo no marco dunha comida que se celebrará no local dos primeiros en Oroso (A Cañiza). Este convenio non está pechado, e pretende incorporar a máis asociacións e grupos que queiran sumar esforzos neste senso. 

REBULIR ENTRA NA FEDERACIÓN GALEGA DE GRUPOS DE DANZA

Tras a renovación producida nos últimos tempos na Federación Galega de Grupos de Danza, con cambio de directiva e novos aires. Rebulir accedeu nos últimos días a ser membro activo deste organismo e así facer forza conxunta para a recuperación da nosa cultura tradicional. Un pracer formar parte desta entidade como colectivo federado. 

REBULIR ESTARÁ NO ENCONTRO "A XUVENTUDE MÓVESE"

Rebulir presentará os diferentes proxectos que a asociación está a desenvolver no marco da Xornada "A Xuventude Móvese" que organiza a Direción Xeral de Xuventude e Voluntariado. Dito encontro celebrarase no marco do Espazo Xove de Ourense o vindeiro Venres 14 de Marzo.  Grazas a organización por ternos convidado para expoñer aquelo no que imos traballando. 

INCRIPCIÓN NO CURSO DE MANEO no seguinte ENLACE

INCRIPCIÓN NO CURSO DE MANEO AVISO: Para facilitar a matrícula, poderedes pagar en efectivo o propio Domingo 23, pero debedes estar previamente inscrit@s neste enlace Tamén podedes formalizar a vosa incripción da matrícula no seguinte número de conta: -Número de conta: NovaGaliciaBanco  2080 5331 35 3040004945   -Destinatario: Asociación Cultural Rebulir -Concepto: Curso Maneo + Nome

CURSO: O Baile tradicional, O MANEO

 En Rebulir organizamos un novo curso que xa viña sendo demandado desde fai tempo. Deste xeito, os días 23 e 30 Marzo ocuparémonos de aprender algúns puntos e pasos básicos de MANEO. Este é un estilo de baile tradicional moi peculiar e cunha identidade propia que ademáis, non é moi coñecido pola provincia ourensá. A INSCRIPCIÓN do curso poderedes facela nesta mesma páxina a partir do día 3 de Marzo, sendo o prazo límite o día 20 dese mesmo mes. Recordade que debedes facer o ingreso dos cartos na conta que aparecerá no propio cuestionario de incripción.  O mestre será JAVIER SANMARTÍN , que se formou no grupo Cantigas e Agarimos desde a súa infancia, chegando a ser director desta histórica agrupación compostelá ata o ano 2012. Actualmente dirixe un dos mellores grupos de baile tradicional do país, A Pontevella de Teo, con que leva gañado numerosos premios e mencións, destacando os 5 primeiros premios consecutivos no concurso Azaloira de Bandeira, e participación no festival d

ANO NOVO, PROXECTOS NOVOS

En Rebulir xa estamos a darlle voltas a novos proxectos e ampliar os que xa tiñamos. Deste xeito, a Noite de Fiadeiro chegará na súa VIII edición o 31 de Maio. Tamén nos vindeiros meses poderedes ver como faremos algún que outro obradoiro e curso que amplíe as actividades de cultura tradicional que vimos desenvolvendo regularmente. Colaboraremos con diferentes entidades amigas en proxectos comúns dos que tamén vos iremos informando. Ao mesmo tempo, estamos preparando saídas e actuacións para todo o ano, con especial atención a tempada de verán onde teremos algunha saída internacional.  Xa vedes que o 2014 promete, se queredes estar informad@s seguidenos no noso facebook ou twitter  

DE NOVO NO CONCURSO DA CAÑIZA

Tras facernos co segundo posto o pasado ano, decidimos participar de novo no Concurso "A caza do folclore" da Cañiza, que se celebrará o vindeiro día 25 de Xaneiro no Salón de Actos da Casa da Cultura da Vila pontevedresa. Alí compartiremos escenario con diferentes grupos do territorio galego, creando lazos de amizade a partir do folclore. Pola nosa parte faremos todo o posible por tentar acadar a mellor posición posible.  Parabéns a asociación Furafollas de Oroso por organizar de novo esta iniciativa de promoción do baile e a música tradicional.