Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2013

MARCHAMOS PARA GRAN CANARIA

Desde o Martes día 30 de Xuño e ata o 8 de Agosto , un grupo de 25 rebuldeiros entre músicos, e bailadores partiremos para a Illa de Gran Canaria onde teremos a honra de facer unha serie de actuacións representando o rico folclore galego. En primeiro termo estaremos no Festival Nacional de Folclore da Illa de Gran Canaria que se desenvolve en diferentes municipios da Illa, e que está organizado pola Agrupación Estrella y Guía, sendo a súa gala central o Domingo día 4 de Agosto.  Tamén cabe destacar a participación no Festival Internacional de Folclore de Ingenio, un dos máis importantes a nivel Estatal e mesmo Europeo, estando recoñecido polo organismo CIOFF, un órgano vinculado a UNESCO. A Gala central deste Festival será restransmitida por TVE, Antena 3, Televisión Canaria e Este Televisión, polo que poderedes ver o noso paso por ese festival. No seguinte enlace podedes ver o folleto deste Festival. PROGRAMA do Festival de Ingenio Temos que destacar ata as illas  non so

REBULIR NAS FESTAS DA SANTA ANA 2013 (O PICOUTO - RAMIRÁS)

O Grupo de Música Tradicional de Rebulir actuará nas Festas de Santa Ana de O Picouto (Ramirás) os días 27 e 28 de Xullo. O 27 faremos a procesión e a animación da cea e o 28 de mañá teremos a misa e sesión vermut. 

IMOS AO I FESTIVAL XIRONDIÑA (LUMEIRADA DE PONTEDEVA)

Este Sábado as 19:30 h. Rebulir participará no I Festival que organiza a Asociación Xirondiña de Pontedeva. Ata alí se desprazarán o grupo xuvenil e o grupo de adultos de baile, así como o grupo de cantareiras e o grupo de música tradicional. Será para nós un pracer compartir escenario cos amigos do grupo anfitrión e tamén con Os Furafollas de Oroso (A Cañiza). Moitas grazas a organización por contar co noso grupo para esta edición (que ben seguro será a primeira de moitas) do voso festival.