Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2011

CANTOS DE REIS E VISITA REAL

Un ano máis a Asociación Rebulir colaboraremos na organización da Visita dos Reises Magos ao Concello de Ramirás o vindeiro Xoves día 5 de Xaneiro. Tamén seguiremos coa tradición que recuperamos uns anos atrás dos Cantos de Reis, de pobo en pobo e de casa en casa, pedindo o aguinaldo que cadaquén poda dar.  O programa será o seguinte: 16:00 h.  - Visita das SS.MM. ao Centro de Maiores de O Mosteiro. - O noso grupo de Cantareiras "Senior" acompañará para cantar os Reis en O Mosteiro. - Gaiteiros e Cantareiras percorrén mentres o pobo de O Picouto 17:00 h.  - Recepción das nenas e nenos do Concello no Centro Sociocultural de O Picouto, por algún membro do cortexo Real que explicará o protocolo a seguir. 17:30 h.  - Chegada das SS.MM. Os Reis Magos en coche oficial, e coa súa comitiva de paxes e gardas. - Recepción por parte das Autoridades, e o Grupo de Música Tradicional Rebulir. 18:30 h.  - Merenda e Música para despedir as SS.MM. - Cantos de Reis por outros p

VI FESTIVAL REBULIR, Baile e Música Tradicional

O VI Festival Rebulir, de Baile e Música Tradicional está a chegar. Este ano, como ben sabedes, a nosa asociación habilitou un páxina web propia onde poderedes consultar o programa, os grupos, a localización e demáis datos; aquí vos deixamos o enlace para que a visitedes e vaiades poñéndovos ao día: www.festivalrebulir.com 

NOVA PROFESORA

Este ano a comezo de curso tivemos a grata sorpresa de que un grupiño de xente queria aprender a bailar, e ante esta petición decidimos crear un grupo propio de i niciación ao Baile para Adultos .  Desde esta Sábado o grupo terá como profesora a Cristina Calle , membro do Grupo Castro-Floxo e tamén do grupo de adultos de Rebulir. Estas clases desenvolveranse todos os Sábados de 16:30 h. a 17:15 h.  Estas clases servirán nun comezo para  familiarizarse co Baile Tradicional, e logo terán tamén como obxectivo o acceso ao grupo de adultos de Rebulir. 

RIFAS XA A VENDA !!

Xa temos as rifas para este Nadal a venda, como este ano é especial para nós por ser o noso quinto aniversario, tamén quixemos ter un bó agasallo para sortear. Así que, ao posuidor da rifa coincidente cos tres derradeiros números do Sorteo de Loteria de Nadal (22 de Decembro) levará un ORDENADOR PORTATIL NETBOOK semellante ao da fotografía.  Podedes adquirir estas rifas falando con algún dos nosos membros, na nosa asociación ou ben nos bares do Centro Sociocultural de O Picouto ou no bar San Andrés de Vilavidal. Por tan só dous euros estaredes colaborando co financiamento de actividades e o funcionamento regular de Rebulir. 

AVISO: CAMBIO MESTRA PERCUSIÓN

Compañeir@s, por motivos persoais a nova profesora de percusión Raquel Faro  terá que deixar de dar clase na nosa asociación. Sentimos moito que non nos poda acompañar no que resta de curso, xa que causou moi boa impresión entre o alumnado. E desde aquí mandámoslle unha fonda aperta de parte de tod@s @s rebuldeir@s ! No seu lugar virá Pilar Gonçalves, a quen lle temos que agradecer que aceptase a nosa proposta tan rápido. Pilar é mestra de profesión pero é moi coñecida na música tradicional por pertencer ao grupo Os Carunchos, ademais de  ser un clásico de todo serán, xuntanza, festa e romaria.  Benvida Pilar ! As clases serán no mesmo horario. Sábados de 11:00 h. a 13:00 h. 

NOVIDADES CURSO 2011/2012

Tras presentar o pasado día 1 o Curso 2011/2012, presentamos aqui as novidades para os vindeiros meses: 1ª . Vémonos na obriga de comezar a cobrar pequenas  cuotas, posto que, este ano as Axudas outorgadas para o pago de mestres de Baile e Música Tradicional están suspendidas no marco dos recortes da Deputación de Ourense. Deste xeito, tentamos que cada alumno pagase o mínimo para poder manter ao profesorado e o nivel de calidade acadado pola nosa Escola.  É de xustiza recordar que o Concello de Ramirás seguirá asumindo boa parte deste salario dos mestres. 15 Euros por trimestre (Posibilidade de pagar todo o ano xunto = 45 Euros)  2ª. Cambio nos mestres de Gaita e Percusión Tradicional, pasando a asumir este posto. - D. Celso Iglesias (Gaita) - Dna. Raquel Faro (Percusión Tradicional) 3º. En todas as actividades pasaremos lista de asistencia e tomaremos en conta a puntualidade co fin de aproveitar os tempos de ensaio ao máximo posible.  HORARIOS

PRESENTACIÓN CURSO 2011/2012

O ACTO DE PRESENTACIÓN DO CURSO 2011/2012 TERÁ LUGAR O SÁBADO 1 DE OUTUBRO AS 18:30 h . NO LOCAL DE REBULIR (Praza de San Andrés, Vilavidal - Concello de Ramirás). Aquí presentaremos os horarios, os mestres, as actividades a desenvolver e demáis novidades deste curso que comeza. Aproveitaremos a ocasión para facer a presentación aos socios e asistentes en xeral da nova xunta directiva.

REBULIR NO XV FESTIVAL BAÍÑA 2011

O Vindeiro Sábado 3 de Setembro acudiremos a actuar no XV Festival Folclórico Baíña, que organizan os amigos do grupo Airiños da Lagoa de Baiona. Ademais dos anfitrións, tamén pasarán polo esceario os grupos Fitoria de Asturias e Urdaibai de Euskadi. A cita é na Praza do Concello de Baiona as 22 h. Así que quedades convidad@s a asistir a este evento que a priori tanto promete. 

MARCHAMOS A VAL DE SAN LORENZO (LEÓN)

O Vindeiro Domingo día 7, Rebulir participará no Encontro Nacional de Folclore de Val de San Lorenzo (León), enmarcado dentro da súa tradicional Feira Artesanal. As 18:00 h comezará o Festival ao que estades tod@s convidad@s .

REBULIR NO FESTIVAL "AO COMPAZ DE SAUMEDE"

Compañeir@s como sorpresa de última hora, unha pequena formación de rebuldeiros tocaremos no Festival "Ao Compaz de Saumede" o vindeiro Domingo día 31 de Xullo as 21:30 h. Tentaremos facer un repertorio animado que convide a xente ao baile. Témoslle que agradecer aos amigos da Asociación de Saumede que tiveran contado con nós para este tremendo programa que presentan. É un pracer compartir cartaz cos grupos e compañías en programa.

E VOLTAMOS...

, Xa voltamos da nosa breve visita a terras vascas, desde aqui queremos agradecer ao grupo Gaztedi  dantzari taldea o seu trato co cal nos fixeron sentir moi cómodos nestas xornadas. Esperamos voltar a atoparnos de novo pronto. Pero esto non significa descanso en Rebulir, xa que seguimos cos compromisos do Vrao... - O 30 de Xullo en A Bola. - A primeira fin de semana de Agosto andaremos por Val de San Lorenzo (León) - A terceira fin de semana de Agosto por Outomuro (Cartelle) - Por confirmar - - O 4 de Setembro participaremos do Festival de Baíña (Baiona) Non vale parar, temos o formiguillo no corpo!

REBULIR EN BILBAO

A vindeira fin de semana do 15, 16 e 17 de Xullo Rebulir terá o pracer de participar no Encontro de Folclore que organiza o grupo Gaztedi Dantzari Taldea de Bilbao no marco da celebración do seu 60 aniversario como institución cultural. Durante a fin de semana realizaremos diferentes visitas, sendo o prato forte a actuación que faremos o Sábado pola tarde na Praza Karmelo de Santutxu, onde teremos dous pases con diferente vestiario e variedade de Danzas. Agradecemos a Gaztedi o seu convite e esperamos deixar alto o pabellón galego.

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

O pasado 1 de Xullo presentamos o IV Concurso de Fotografía Antiga no transcurso do Acto de Peche do Curso da Escola Rebulir. Como obxectivos plantexámonos: recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa Contorna (Comarca Terras de Celanova), fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os seus participantes e servir de base para estudar as costumes, oficios, bailes, traxes... que eran tradicionais na zona. Nas pasadas edicións temos recollidas centos de instantáneas que se teñen mostrado en diferentes exposicións non solo en Ramirás senón en outros certames como pode ser o Outono Fotográfico. Nesta IV convocatoria pretendemos seguir ampliando o arquivo que viñamos confeccionando nos últimos tempos. Temos unha sección habilitada na parte superior deste blog onde aparece recollida toda a información relevante. E as novidades desta edición.

E O SÁBADO NA II LUMEIRADA DO DEVA

Un ano máis @s amig@s do Concello de Pontedeva organizan a Lumeirada do Deva, tras o éxito da pasada edición. E de novo voltaron a contar coa presenza da Rebulir para animar a festa, deste xeito a nosa intervención será seguindo o seguinte programa: 19:30 h. - Pasarrúas dos Cabezudos de Ramirás e grupo de Música Tradicional Rebulir 19:45 h. - Intervención do noso grupo de Cantareiras 20:00 h. - Actuación do grupo de Medianos e o grupo de Adultos de Baile Tradicional 20:20 h. - Actuación do grupo de música tradicional Rebulir 21:30 h. - Animación co Grupo de Música Tradicional Rebulir Xa pola noite estará o tradicional grupo A Roda animando a festa. Desde Rebulir queremos felicitar a organización e convidar visitantes a disfrutar da Lumeirada !

FESTA DE PECHE DO CURSO

Como vedes pechamos o curso 2010/2011 cunha festa por todo o alto, onde os alumnos das diferentes actividades que en Rebulir se ofertan terán tempo para demostrar o aprendido nestes meses. Logo todos xuntos comeremos e beberemos, pra repoñer forzas de cara a un broche de luxo co concerto de MINI E MERO, fundadores de Fuxan os Ventos e Membros de A Quenlla. Tras esta festa un nutrido grupo de Rebuldeiros desprazaremonos ata Maceda, para troulaear cos amigos que organizan o seu Serán. Así que como vedes a xornada promete longa. QUEDADES CONVIDAD@S !!!!

NOVA XUNTA DIRECTIVA

Tras as eleccións internas celebradas na Xornada de hoxe, Sábado 11 de Xuño de 2011, a lista gañadora e polo tanto que asumirá as competencias directivas da Asociación Cultural Rebulir, resulta a composta polas seguintes persoas: Dirección: D. Alexandre Sotelino Losada Subdirección: D. Celso Iglesias Pereira Secretaría: Dna. Concepción Ferreira Vieiro Tesoureira: Dna. Susana Durán González Vogal 1: Dna. Ángela González Amoeiro Vogal 2: Dna. Lucia Teixeira Ferreira Vogal 3: Dna. Sandra González Sousa Vogal 4: D. Alfonso Pateiro Álvarez Esta nova Xunta asumirá os seus cargos na Sesión Extraordinaria que se celebrará o Sábado 25 de Xuño.

NAS FESTAS DO SAN ANTONIO DE O VISO

O vindeiro Domingo día 12 de Xuño, desprazaremonos ata o pobo de O Viso (Ramirás), para festexar con eles as tradicionais festas do San Antonio. A actuación será completiña, As 19.30 h . Os nosos Cabezudos pasearán polas rúas do Pobo acompañados do Grupo de Música Tradicional As 20:00 h . O grupo Rebulir bailará uns bailes no torreiro da Festa dando paso a unha sesión participativa de baile amenizada polo noso grupo de Cantareiras e o Grupo de Música Tradicional. Desde aquí queremos felicitar a comisión de festas polo completo programa que presentan, e animar a todo o mundo a asistir a estas festas que nunca decepcionan ao visitante. .

I FOLIADA DE LEIRO

O Vindeiro Sábado 4 de xuño @s amig@s da Asociación Taparraná, organizan o que será a I Foliada de Leiro, presentannos o seguinte programa: 19:30 Xogos Populares 20:30 Curso Iniciación o Baile Tradicional E a partir das 21:00 comenza a "FESTA".......lume! Haberá Bolos Preñados de balde para todos os asistentes, chocolata e bizcoito. Non faltara o bo viño do Ribeiro, licor cafe e outras bebidas espérituosas.... Contaremos con zona de acampada (se alguen se quere quedar) Achegádevos ata Leiro que a festa promete !! 

ELECCIÓNS INTERNAS DE REBULIR

Tal e como establecen os estatutos da asociación, este curso toca convocar eleccións a Xunta Directiva de Rebulir. Reunida a actual Xunta en sesión ordinaria no mes de Xaneiro decidiuse establecer a votación para o Sábado 11 de Xullo de 2011, no propio local onde se establecerá unha furna destinada a tal fin. Nestes dias está aberta a presentación de candidaturas, ata o vindeiro 28 de Maio, segundo os criterios establecidos nos estatutos da asociación e na acta ordinaria da xunta directiva, ambos expostos publicamente no taboleiro da asociación. 

X ROMARIA RAIGAME / Homenaxe Castro Floxo

Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame , en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facían os nosos devanceiros nas antigas Romarías. Nós, habituais da festa, non nola perderemos e teremos a nosa interveción (programada), as 12:30 e as 13:00 horas na Praza Tralacerca e Plaza Maior da Vila respectivamente. Para logo seguir animando cos nosos instrumentos e canticos varios outras prazas e tabernas durante toda a xornada. Este ano cumprense X anos desde a primeira cita, e para iso o grupo Castro Floxo sintetizará nun espectáculo a xeito de homenaxe o que é Romaría. Deste xeito, aparecerán no escenario as múltiples esceas que identifican a Romaria: A música, o baile, os artesáns, os xogos, animación de rúa...

III SERÁN DE BOBORÁS

O Sábado andaremos por Boborás no III Serán que organizan os nosos amigos Os Serandeiros . A experiencia dinos que se monta unha boa troula, asi que recomendámosvolo a todos os que podades achegarvos que vaiades. A cita é no patio da escola, a partir das 20:00 h haberá un Obradoiro de baile tradicional, o serán infantil, Concurso de Aturuxos... para xa chegada a noitiña ter a intervención de múltiples grupos tradicionais, aderezado con chourizos, viño, chiculate...                 Noraboa aos organizadores e que haxa moito baile !!

E O VENRES... AO VENRESPIRAR

O Venres (día previo a nosa V Noite de Fiadeiro) Rebulir porá a música e o baile (dinamiza Alexandre Sotelino) xunto con os Gomes Mouro, no Venrespirar que se desenvolverá na cafetaría A Efémera de Ourense. É un bo xeito de poñerse en forma para o día seguinte. Así que alí vos esperamos dispostos a botar unhas boas bailas!

V NOITE DE FIADEIRO

Para esta edición temos habilitado un Blog específico onde se recollen todos os datos da V Noite de Fiadeiro. Así que se queredes ter acceso a toda a información visitade: www.noitedefiadeiro.com

EXPOSICIÓN. UNHA FIESTRA A NOUTRORA: Fotografías antigas de Ramirás e comarca.

O vindeiro Sábado 9 de Abril  as 12:00 h da mañá, inaugurarase a Exposición: "Unha Fiestra a Noutrora, Fotografias Antigas de Ramirás e Comarca", na sala multiusos do Centro Sociocultural de O Picouto (Ramirás).  A mostra estará composta por 60 instantáneas recollidas no III Concurso de Fotografía Antiga, que se organizou desde esta asociación, ademáis a sala estará ambientada con apeiros de labranza antigos e outros elementos de carácter etnográfico. Durante este acto tamén será presentado o Cartaz e o Programa da V NOITE DE FIADEIRO , que se celebrará o vindeiro 30 de Abril. Ao final do acto, convidarese aos presentes a un viño galego e uns petiscos.

MONOGRÁFICO. POSTURA CORPORAL NO BAILE TRADICIONAL

O Vindeiro Sábado 26 de Marzo teremos no noso local un obradoiro monográfico adicado ao Baile Tradicional e a Postura Corporal. NON é de Iniciación, polo que se precisa unha certa bagaxe bailadora. Será impartido por Sonia Nóvóa quen leva impartido clases de Danza en múltiples escolas de Galicia e incluso no estranxeiro. Forma parte do Grupo Castro-Floxo co que leva percorrido infinidade de escearios  de todo o mundo. Ademáis, foi coñecida por ter sido xurado do Concurso "Vai de Baile" do Programa Luar. É un obradoiro aberto e gratuíto con límite de prazas , existindo prioridade para os socios de Rebulir. Para anotarse ou solicitar información contactar con nós no teléfono 639 908 005 ou ben en rebulir@hotmail.com . NOTA IMPORTANTE: As clases de Gaita e Percusión pasarían para horario de tarde (a partir das 17:00 h). Suspéndese os ensaios do grupo de adultos, NON os de pequenos e medianos.

VENRESPIRAR 2011

Voltan os Venrespirar a cidade das Burgas. Unha festa tradicional itinerante para xuntarse e troulear os derradeiros Venres de cada mes. Están organizadas pola AOFT Gomes Mouro e o Colectivo Algaravía, nesta edición Rebulir somos co-organizadores ou colaboradores como se queira entender. O caso é que axudaremos no desenvolvemento destas festas. . As citas serán as 22:30 h. en ... - Venres 25 de Febreiro . No Liceo de Ourense. - Venres 25 de Marzo. Na Teteria Grándola - Venres 29 de Abril. Na Cafetaría A Efémera. - Venres 27 de Maio. Na Cafetaría Ollo Ledo - Venres 17 de Xuño. Na Praza de San Martiño (Bar Miguel) - Venrespiriño (Obradoiro infantil de baile tradicional) e posterior Venrespirar de peche da tempada. Que non falte a troula nin as gañas de bailar! Quedades emprazad@s para os Venrespirar!!

FOLIADA NO IRIXO

As amigas cantareiras "Piconas do Irixo" organizan esta fin de semana a súa primeira Foliada. Convidarannos a participar da mesma para tocar e bailar, a ata alí nos desprazaremos un nutrido grupo de rebuldeir@s con ganas de troula. Animádevos a asistir que a noite promete !

CARTAZ V NOITE DE FIADEIRO

Neste 2011, ao cumplirse a V edición da Noite de Fiadeiro contaremos cunha ilustradora de luxo para a realización do cartaz anunciador da festa. Ela é a arousá NURIA DÍAZ, licenciada en Belas Artes e actual gañadora do premio Pura e Dora Vázquez de ilustración. Nos seguintes enlaces podedes visitar os seus blogs e ver algúns dos traballos que desenvolve: - Krabismos - Krabismos shop - Noticia na Voz de Galicia Desde Rebulir queremos agradecerlle a autora o interese mostrado polo proxecto. Esperamos con moitas ganas ver a súa obra que con toda seguridade nos sorprenderá moi gratamente.

OFERTA GRUPOS E ARTESÁNS V NOITE DE FIADEIRO

Ide apuntando a data. Como todos os anos polo derradeiro Sábado de Abril, este ano día 30, chega a Ramirás a Noite de Fiadeiro, que este ano cumpre a súa V edición. Durante toda a Xornada desenvolveranse actividades de diferente índole animando o pobo, pero o acto central da festa, O Fiadeiro, chega pola noitiña cando bailadores, músicos, cantadores, regueifeiros... se xuntan no torreiro de San Andrés para disfrutar xuntos coma se facía antano. Se queres vir participar con nós como grupo de música tradicional, podes enviarnos a túa solicitude cos seguintes datos: * Nome do grupo: * Tipo de grupo: (Pandereteiras, gaiteiros...) * Número de participantes: * Lugar de procedencia: * Teléfono de contacto: * Enderezo electrónico: Tamén abrimos a posibilidade da instalación de postos de venda artesáns (coiro, olería, madeira, prendas, comida, bebida, doces...) nese caso a ficha sería a seguinte: * Nome do representante: * Teléfono de contacto: * Lugar de procedencia: * Producto de venda: * Nom

RETOMAMOS...

Tras estas datas nas que nos tomamos un descanso dos ensaios (que non de actividades), retomaremos o funcionamento normal o vindeiro Sábado 15 . Este día comezarán tamén as clases de canto tradicional con Mar . Recordade que hai dous grupos: * Grupo B - De 16:00 h a 17:00 h * Grupo A - De 17.00 h a 18:00 h E non paramos porque comeza a conta atrás cara a V Noite de Fiadeiro , que se celebrará o 30 de Abril. Xa estamos argallando cousas para que este ano sexa un chisquiño mellor que o anterior. Non vale parar compañeir@s !!

CANTOS DE REIS E CHEGADA DAS SS.MM. OS REIS MAGOS

As SS.MM. os Reis Magos de Oriente chegaran a Ramirás o vindeiro día 5 convidados pola nosa Asociación e o Concello de Ramirás. A comitiva irá integrada por paxes e servintes dos Reis, así como gaiteiros, músicos e cantadores que lles darán a benvida. O programa que seguirán será o que a continuación se describe: 16:00 h - Visita ao Centro Xeríatrico residencial de O Mosteiro 17:00 h - Animación Infantil no Centro Sociocultural de O Picouto. 17.30 h - Recepción Oficial no Centro Sociocultural de O Picouto. Aquí adicaránlle unhas palabras aos máis cativos e escoitarán as súas peticións para esa noite. 18:30 h - Recuperación dos Cantos de Reis por diferentes pobos de O Concello. 20:30 h - Despedida das SS.MM. Un ano máis e visto o éxito do pasado ano, tentaremos recuperar os Cantos de Reis, que xa parecian esquecidos neste Concello Ourensán. Así iremos casa por casa entoando pezas típicas desta época do ano, pedindo aguinaldo, que en moitas ocasións é económico e noutras é o convite