Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2010

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

AMPLIAMOS O PRAZO ATA O VENRES 10 DE SETEMBRO . A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “IIIº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes BASES: 1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc. 2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítrofes (Comarca Terras de Celanova). 3. O concurso terá unha única categoría e dous premios especiais : -

XXVII XORNADAS DE FOLCLORE

Chegan un ano máis as Xornadas de Folclore, que este ano cumpren XXVII edicións ininterrumpidas estando na elite dos festivais de baile e música tradicional. Desde o vindeiro Lúns 9 de Agosto, cando o grupo anfitrión "Castro Floxo" lles dará a benvida cun pequeno espectaculo no teatro principal da cidade, ata o día 19 percorrerán as proncipais vilas da Provincia de Ourense, así como Monforte en Lugo e Chaves en Portugal. . Doce son os Grupos participantes nesta edición, procedentes de diferentes puntos do globo. - España (Segovia) - La Esteva - Portugal - Grupo Etnografico da Areosa - Polonia - Grupo Poloniny - Servia - Grupo Simionov Tucovic - República de Daguestán - Compañía Estatal Lezginka - Senegal - Ballet Jammu - Kenia - African Tumbas - Indonesia - Klub Peminatan - Cuba - Conjunto Artístico Maraguán - México - Compañia de Danza Tenochtitlan - Argentina - Instituto El Cimarrón - Brasil - Ballet Folclórico da Amazonía . Desde Rebulir animámosvos a asistir a calquera d