Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2010

A BELA AURIA

Como vos diciamos dias atrás, o vindeiro 30 de Maio teremos o pracer de participar na I Edición de A Bela Auria, que se celebrará nos arredores do Xardín do Posío. Unha xornada para voltar ao Ourense de comezos do século XX. Ata alí iremos unha boa representación de rebuldeiros para animar coas nosas músicas e algo do noso baile, e como sempre armar festa! Quedades convidad@s a vir a esta festa que tanto promete, se queredes ver o programa completo, podedes pinchar aqui , e para máis información podedes visitar as súas páxinas : - http://www.belaauria.com/ - http://belaauria.wordpress.com/ Noraboa aos organizadores pola iniciativa, ben seguro que se vai convertir nunha cita de referencia. Nós poremos todo o posible da nosa parte.

PRÓXIMAS PARADAS...

Tras o éxito da IX Romaría Raigame onde bailamos e tocamos solos e acompañados durante toda a xornada, seguimos a troulear por diferentes lugares... A próxima data será o Domingo 23 as 17:00 h no Centro Sociocultural de O Picouto, onde estaremos no acto de homenaxe a D. Manuel González Álvarez. Se queredes máis información do homenaxeado e do acto podedes facer click aquí . . E o día 30 deste mes, quedades emprazados para o que será a I Festa "A Bela Auria" que pretende ser unha recreación do que era a vida na cidade de Ourense de comezos do Século XX. Alí estaremos dinamizado os diferentes espazos coas nosas músicas e porque non algo de baile tamén.

IMOS A ROMARÍA RAIGAME 2010

Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facían os nosos devanceiros nas antigas Romarías. Nos, habituais da festa, non nola perderemos e teremos a nosa interveción (programada), as 12:30 e as 13:00 horas na Praza Tralacerca e Plaza Maior da Vila respectivamente. Para logo seguir animando cos nosos instrumentos e canticos varios outras prazas e tabernas durante toda a xornada. Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e máis ao grupo Castro Floxo... botádelle un ollo xa veredes como se vos meten as ganiñas no corpo ... http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE http://www.youtube.com/watch?v=GOlR42PQHnQ&feature=related E se quered

REPORTAXE EN LA REGIÓN

Aquí vos deixamos o reportaxe de dúas páxinas que o pasado Domingo sacaban no suplemento Vida do Xornal La Región. Tivémolo que partir posto que non entraba nunha soa folla. Para ampliar as imaxes podedes pinchar sobre elas.

VIDEOS E FOTOS NOITE DE FIADEIRO

Xa podedes ver algúns vídeos no Youtube da IV Noite de Fiadeiro. Ainda que con bastante mala calidade. Deixamosvos os enlaces: - Ambiente - Airiños d´Arnoia - Escola de Música Tradicional de Ourense - Castro Floxo 1 - Castro Floxo 2 - Xestreu - Cantigas e Agarimos - Linho do Cuco - Linho do Cuco 2 Tamén tedes algunhas fotos subidas nos seguintes enlaces: - Facebook de Rebulir - Paxina de Alternativas Sociais OU E en poucos dias subiremos tamén unha seleción ao apartado de fotos deste Blog.