Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2009

O FUTBOL CHAPAS VIRÁ A RAMIRÁS

A Asociación Cultural Rebulir e a Asociación Alternativas Sociais Ourense chegamos a un acordo para desenvolver en Ramirás no vindeiro ano unha xornada da Liga Galega de Futbol Chapas. Constituíndose así o "Trofeo Rebulir" para os gañadores. O futbol chapas é un lugar de encontro sen idades no que todas e todas teñen un espazo para disfrutar do xogo. Así o definen os seus organizadores que veñen poñendo en marcha esta novidosa iniciativa a nivel galego. Se queredes saber máis deste xogo podedes consultar o blog http://www.chapasourense.blogspot.com/

PRESENTAMOS OS GRUPOS DO IV FESTIVAL B.M.T. REBULIR

Estes que presentamos na imaxe son os grupos que este ano conforman o programa do IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir que se celebrará nos días 19 e 20 de Decembro. En vindeiras datas presentaremos o Cartaz oficial, programa e demais actividades programadas para as datas de Nadal

NOVA ENQUISA

Acabamos de publicar unha enquisa para poder ver a valoración que tedes das diferentes actividades que organizamos, e así ver cales son as que máis vos interesan. Tédela na columna da dereita da páxina.

REBULIR EN DIARIOFOLK.ES

A páxina de Internet www.diariofolk.es adica o vindeiro 13 de Outubro un reportaxe sobre a nosa escola, onde se mesturará texto con fotografias e videos. Así Rebulir será o protagonista do día deste diario, en datas anteriores forono grupos tan coñecidos como Coanhadeira, Fia na Roca, Malvela, Bonovo ou o Cuarteto Caramuxo

ACTIVIDADES CURSO 2009/2010

Tras presentar o pasado día 26 o curso e comezalo esta fin de semana agora damos a coñecer o que será o calendario de actividades para os vindeiros meses: - 7 de Novembro: Magosto - 19 e 20 de Decembro : IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, nesta edición contaremos con grupos Galegos, de Portugal, Castela e León e Asturias. - 26 de Decembro : Obradoiro de Bailes Tradicionais Agarrados. - 2 de Xaneiro : Inauguración da segunda fase da Exposición "Os tempos de Antes. Fotografías Antigas de Ramirás". - 5 de Xaneiro : Cantos de Reis en Ramirás - 24 de Abril : IV Noite de Fiadeiro. Con actividades durante toda a xornada. - Maio - Agosto : III Concurso de Fotografía Antiga - 26 de Xuño : Festa de Fin do Curso. Durante o resto do ano iremos organizando máis actividades que aínda non están programadas: Charlas, Saídas, Actuacións, cursos... segundo se vaian concretando iremos concretándoas na páxina da asociación http://www.rebulir.blogspot.com/