Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2009

REBULIR NA PRENSA DE HOXE.

O suplemento Xornal Escolar do Diario La Región adica hoxe dúas páxinas a actividade e funcionamento de Rebulir como escola. Na primeira recóllense algunhas das actividades que se veñen realizando durante o ano, na segunda faise unha entrevista a Alexandre como director. Tamén no interior do Xornal recóllese a noticia da presentación do curso 2009/2010 e a entrega de premios do II Concurso de Fotografía Antiga.

FOTOS DAS ACTUACIÓNS DO VERÁN

Chegan tarde pero aquí están as fotos e algún vídeo das actuacións que Rebulir fixemos este Verán. Podedes velas na parte de abaixo do Blog, e os vídeos pinchando nos enlaces que tedes a continuación. Algunhas delas son recollidas do blog de brisas do quenllo . http://www.youtube.com/user/rebulir#play/all/uploads-all/0/8oXlnJRewE8 http://www.youtube.com/user/rebulir#play/all/uploads-all/1/6nwl3Td_lfk

RESULTADOS II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

O xurado do “IIº Concurso de Fotografía Antiga” convocado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” , en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, reunido, o 18 de Setembro de 2008, decidiu outorgar os seguintes premios: Premio especial á mellor fotografía: - Para a fotografía número 30 da colección presentada por Ángela e Cristian González Amoeiro, de Ver (Ramirás), datada no 1909. Premio especial á fotografía máis antiga: - Este premio quedará deserto ao coincidir co premiado a mellor fotografía. Premios á mellor colección: -1º premio : á colección presentada por Laura Durán González, de Celanova. -2º premio: á colección presentada por Lucía Iglesias Pereira, de O Mosteiro, Ramirás. -3º premio: á colección presentada por Sandra González Sousa, de Penosiños, Ramirás. Así mesmo, o xurado decidiu premiar con accesits especiais a - Andrea Martínez Teixeira, de Tellado, Ramirás. - Lucia Teixeira Fe

COMEZO DO CURSO 2009-2010

VI FESTIVAL INTERNACIONAL XUVENIL DE CACIA-AVEIRO

Por segundo ano e convidados pola Escola de Etnografía da Casa do Povo de Cacia (Aveiro - Portugal) desprazaremonos os días 19 e 20 de Setembro ata o Festival Internacional Xuvenil de Cacia - Aveiro (Portugal) , que este ano chega a súa VI edición. Alí compartiremos escenario cos seguintes grupos: Escola de Etnografia da Casa do Povo de Cacia - Aveiro (Portugal) Rancho Casa do Povo de Fátima – Fátima (Portugal) Rancho de Penafiel – Penafiel (Portugal) Escola de Baile e Musica Tradicional Rebulir - Ramirás (Galicia) Grupo Joven La Esteva – Segóvia (Castela e León) Tras este Festival, o Sábado día 26 faremos a presentación do novo curso 2009/10 e tamén a entrega de premios do II Concurso de Fotografía Antiga.

ACTUAMOS EN ESCUDEIROS

Mañá Sábado día 5 Rebulir animará a festa/Verbena popular que organizan no pobo de Escudeiros (Ramirás). Coma en toda festa que se precie haberá comida, bebida e moita moita troula ata que as pernas aguanten!