29 dic. 2009

OBRADOIRO DE BAILES TRADICIONAIS AGARRADOS

Seguindo coa programación de Nadal, o vindeiro Sábado día 2 as 18:00 h no Local de Rebulir (Praza de San Andrés - Vilavidal), teremos un Obradoiro de Bailes Tradicionais Agarrados que impartirá David Álvarez do grupo Xalgarete de Vigo. Quedades covidados!!
.

25 dic. 2009

EXPOSICIÓN "UNHA OLLADA AO PASADO. FOTOGRAFIAS ANTIGAS DE RAMIRÁS"


O Vindeiro Domingo as 19:00 h a Sra. Alcaldesa de Ramirás Dna. Pilar Otilia López García, O Concelleiro de Cultura D. Carlos Rodríguez xunto co Director da Escola Rebulir, Inaugurarán a Exposición "Unha Ollada ao Pasado. Fotografías Antigas de Ramirás" coordinada por Sandra González Sousa.
Nesta estarán expostas a maioría das Fotografías recollidas no II Concurso de Fotografía Antiga, e tamén se presentarán algunhas das mellores do I Concurso, constituindo máis de un centenar de instantáneas.
Quedades convidados.

22 dic. 2009

GAÑADOR PANTALLA PLANA

O NÚMERO GAÑADOR DA PANTALLA PLANA É O


294


Poderá recollela nos vindeiros 20 días na Casa do Concello de Ramirás


20 dic. 2009

SORTEO PANTALLA PLANA

Como sabedes este ano fixemos unhas rifas para sacar uns cartiños para a asociación. Sorteamos unha televisión de pantalla plana 23´´ Modelo LG 227 WD, como a que podedes ver na fotografía. Estade atentos aos vosos números o vindeiro Martes 22. Recordade que ten que coincidir cos tres últimos números do Premio Gordo. E logo podédela recoller nos 20 días seguintes no Concello de Ramirás.



9 dic. 2009

PROGRAMA DO IV FESTIVAL REBULIR

Se pinchades na Imaxe poderedes ver o programa do IV Festival Rebulir.

O próximo que publicaremos será o Programa completo de actividades para o Nadal

25 nov. 2009

IV FESTIVAL DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL REBULIR


Presentamos o cartaz que anuncia o IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, no cal andamos xa traballando nos últimos preparativos.
En vindeiras datas publicaremos o programa completo

23 nov. 2009

MÁIS MATERIAL PARA REBULIR


Rebulir ven de beneficiarse do programa que a Universidade de Santiago de Compostela ten para facilitar material do Almacén desta institución a entidades sen ánimo de lucro. Deste xeito incorporaremos ao noso local: Unha Impresora, un reproductor de vídeo VHF e tamén unha televisión.

16 nov. 2009

I XORNADA DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO


Como vos comentabamos a semana pasada, o vindeiro Domingo 22 iremonos ata Monforte de Lemos en Lugo, convidados pola Asociación Cultural de Amigos da Pandeireta. Alí explicaremos as diferentes tipoloxías de traxes e usos, as pezas dos mesmos e os tecidos. Tamén faremos unha pequena mostra de traxes con xente que se cambiará para a ocasión, algúns deles cedidos polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Xocas, que quizais teña unha das mellores coleccións de traxes que existen en Galicia.
Desde aquí o noso agradecemento aos organizadores polo convite e animalos a que sigan traballando por este camiño.

8 nov. 2009

OBRADOIRO DO TRAXE EN MONFORTE

O Vindeiro día 22 de Novembro iremonos ata Monforte de Lemos a desenvolver un Obradoiro sobre o Traxe Tradicional, convidados polos amigos da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta. Explicaremos as diferentes partes e tipoloxías, ademáis de que varias persoas farán de modelos con traxes propios da nosa asociación e algún cedido polo Grupo Castro Floxo (Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo).


O lugar escollido é a Casa de Cultura do Concello de Monforte, onde nos xuntaremos as 17.30 h para comezar coa actividade da que esperamos que os receptores saquen proveito. O noso agradecemento aos organizadores polo convite.

2 nov. 2009

MAGOSTO REBULIR


O Vindeiro Sábado día 7 o grupo de Adultos de Rebulir organiza o Magosto da Asociación. A xuntanza comezará a partir das 21:30 h cando se encenderá o lume e cociñará a carne e as castañas todo bañado con viño da terra, o que veña a continuación será segundo depare a noite.

30 oct. 2009

O FUTBOL CHAPAS VIRÁ A RAMIRÁS

A Asociación Cultural Rebulir e a Asociación Alternativas Sociais Ourense chegamos a un acordo para desenvolver en Ramirás no vindeiro ano unha xornada da Liga Galega de Futbol Chapas. Constituíndose así o "Trofeo Rebulir" para os gañadores.

O futbol chapas é un lugar de encontro sen idades no que todas e todas teñen un espazo para disfrutar do xogo. Así o definen os seus organizadores que veñen poñendo en marcha esta novidosa iniciativa a nivel galego.

Se queredes saber máis deste xogo podedes consultar o blog http://www.chapasourense.blogspot.com/

26 oct. 2009

PRESENTAMOS OS GRUPOS DO IV FESTIVAL B.M.T. REBULIR


Estes que presentamos na imaxe son os grupos que este ano conforman o programa do IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir que se celebrará nos días 19 e 20 de Decembro. En vindeiras datas presentaremos o Cartaz oficial, programa e demais actividades programadas para as datas de Nadal

14 oct. 2009

NOVA ENQUISA

Acabamos de publicar unha enquisa para poder ver a valoración que tedes das diferentes actividades que organizamos, e así ver cales son as que máis vos interesan. Tédela na columna da dereita da páxina.

12 oct. 2009

REBULIR EN DIARIOFOLK.ES

A páxina de Internet www.diariofolk.es adica o vindeiro 13 de Outubro un reportaxe sobre a nosa escola, onde se mesturará texto con fotografias e videos.

Así Rebulir será o protagonista do día deste diario, en datas anteriores forono grupos tan coñecidos como Coanhadeira, Fia na Roca, Malvela, Bonovo ou o Cuarteto Caramuxo

4 oct. 2009

ACTIVIDADES CURSO 2009/2010

Tras presentar o pasado día 26 o curso e comezalo esta fin de semana agora damos a coñecer o que será o calendario de actividades para os vindeiros meses:

- 7 de Novembro: Magosto

- 19 e 20 de Decembro: IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, nesta edición contaremos con grupos Galegos, de Portugal, Castela e León e Asturias.

- 26 de Decembro: Obradoiro de Bailes Tradicionais Agarrados.

- 2 de Xaneiro: Inauguración da segunda fase da Exposición "Os tempos de Antes. Fotografías Antigas de Ramirás".

- 5 de Xaneiro: Cantos de Reis en Ramirás

- 24 de Abril: IV Noite de Fiadeiro. Con actividades durante toda a xornada.

- Maio - Agosto: III Concurso de Fotografía Antiga

- 26 de Xuño: Festa de Fin do Curso.
Durante o resto do ano iremos organizando máis actividades que aínda non están programadas: Charlas, Saídas, Actuacións, cursos... segundo se vaian concretando iremos concretándoas na páxina da asociación http://www.rebulir.blogspot.com/







30 sept. 2009

REBULIR NA PRENSA DE HOXE.

O suplemento Xornal Escolar do Diario La Región adica hoxe dúas páxinas a actividade e funcionamento de Rebulir como escola. Na primeira recóllense algunhas das actividades que se veñen realizando durante o ano, na segunda faise unha entrevista a Alexandre como director.


Tamén no interior do Xornal recóllese a noticia da presentación do curso 2009/2010 e a entrega de premios do II Concurso de Fotografía Antiga.


26 sept. 2009

FOTOS DAS ACTUACIÓNS DO VERÁN

Chegan tarde pero aquí están as fotos e algún vídeo das actuacións que Rebulir fixemos este Verán. Podedes velas na parte de abaixo do Blog, e os vídeos pinchando nos enlaces que tedes a continuación. Algunhas delas son recollidas do blog de brisas do quenllo.

http://www.youtube.com/user/rebulir#play/all/uploads-all/0/8oXlnJRewE8

http://www.youtube.com/user/rebulir#play/all/uploads-all/1/6nwl3Td_lfk

22 sept. 2009

RESULTADOS II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

O xurado do “IIº Concurso de Fotografía Antiga” convocado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” , en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, reunido, o 18 de Setembro de 2008, decidiu outorgar os seguintes premios:

Premio especial á mellor fotografía:
- Para a fotografía número 30 da colección presentada por Ángela e Cristian González Amoeiro, de Ver (Ramirás), datada no 1909.
Premio especial á fotografía máis antiga:
- Este premio quedará deserto ao coincidir co premiado a mellor fotografía.

Premios á mellor colección:
-1º premio
: á colección presentada por Laura Durán González, de Celanova.
-2º premio: á colección presentada por Lucía Iglesias Pereira, de O Mosteiro, Ramirás.
-3º premio: á colección presentada por Sandra González Sousa, de Penosiños, Ramirás.

Así mesmo, o xurado decidiu premiar con accesits especiais a
- Andrea Martínez Teixeira, de Tellado, Ramirás.
- Lucia Teixeira Ferreira, de Tellado, Ramirás.
- Concepción Rodríguez Rodríguez, de Vilavidal, Ramirás
Os premios serán entregados no acto que se desenvolverá o vindeiro Sábado día 26 de Setembro as 19.00 h no Centro Sociocultural de San Andrés, Vilavidal - Ramirás. Coincidindo coa presentación do curso 2009/2010.

6 sept. 2009

VI FESTIVAL INTERNACIONAL XUVENIL DE CACIA-AVEIRO

Por segundo ano e convidados pola Escola de Etnografía da Casa do Povo de Cacia (Aveiro - Portugal) desprazaremonos os días 19 e 20 de Setembro ata o Festival Internacional Xuvenil de Cacia - Aveiro (Portugal) , que este ano chega a súa VI edición. Alí compartiremos escenario cos seguintes grupos:
  • Escola de Etnografia da Casa do Povo de Cacia - Aveiro (Portugal)
  • Rancho Casa do Povo de Fátima – Fátima (Portugal)
  • Rancho de Penafiel – Penafiel (Portugal)
  • Escola de Baile e Musica Tradicional Rebulir - Ramirás (Galicia)
  • Grupo Joven La Esteva – Segóvia (Castela e León)

Tras este Festival, o Sábado día 26 faremos a presentación do novo curso 2009/10 e tamén a entrega de premios do II Concurso de Fotografía Antiga.

4 sept. 2009

ACTUAMOS EN ESCUDEIROS

Mañá Sábado día 5 Rebulir animará a festa/Verbena popular que organizan no pobo de Escudeiros (Ramirás). Coma en toda festa que se precie haberá comida, bebida e moita moita troula ata que as pernas aguanten!

31 ago. 2009

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA. PECHE DE PRAZO


Recordade que esta semana é a derradeira para poder entregar as Fotografías que queirades presentar ao II Concurso de Fotografía Antiga.

Xeitos e lugares de entrega:
- Lúns a Venres en horario de mañá no Concello de Ramirás
- Sábado de 16:00 h a 18:00 h no local de Rebulir
- E tamén por correo postal a:

Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional
Praza de San Andrés, s/n. 32810. Vilavidal
Ramirás - Ourense

É importante que as fotografías veñan en sobre pechado con pseudónimo, e que cada unha delas veña acompañada da ficha correspondente. En caso contrario quedarán fora de concurso.

26 ago. 2009

FESTIVAL EN CELA-BUEU

O vindeiro Domingo irémonos ata Cela - Bueu, convidados polos amigos de Retrouso. Alí actuaremos no festival que organizan, aquí vos deixamos o cartaz do mesmo.

18 ago. 2009

Actuación na Romaría das Portas Abertas

Na tarde do vindeiro Domingo 23, os gaiteiros de Rebulir teremos que acompañar a procesión das Portas Abertas no Concello de Ramirás, tras esta e a correspondente celebración relixiosa, animaremos un pouco o torreiro botándolle unhas pezas.




6 ago. 2009

XXVI XORNADAS DE FOLCLORE


O lúns día 10 comezan en Ourense as XXVI Xornadas de Folclore, que este ano contarán no seu programa cos seguites grupos:

- Portugal: Etnográfico da Areosa
- Filipinas: Compañia de Danza Folklorico Filipino
- Filipinas: Leyte Kalipayan Dance Troupe
- China: Compañía de Canto y Danza Folklórica del Sudeste de Guizhou.
- Taiwan: Taiwan Folk Music Ensemble
- Índia: Shildagya
- Romanía: Doina Timisului"
- Arxentina: Gran Ballet Argentino
- México: Ballet Folklórico de la Universidad de Colima
- República de Daguestán: Grupo “Gergebil”
- República de El-Mari (Rúsia): Conjunto Folklórico Mari El
- Sudáfrica: Gauteng Provincial Troupe
- Armenia: Nairi

Percorrerán durante 10 días as principais vilas da Provincia de Ourense e mesmo se achegarán as veciñas de Monforte (Lugo) e Chaves (Portugal).

Recomendámosvos que asistades porque é un espectáculo que realmente merece a pena, polo nivel dos grupos que veñen. Se queredes ter máis información do programa podedes consultalo en:

Para información sobre o libro das Xornadas ou de outras edicións podedes consultar o seguinte enlace:

4 ago. 2009

E AGORA...

Tras irnos a terras lusas o pasado Domingo onde actuamos no Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao, agora toca descansar uns días para logo retomar na fin de semana do 22 e 23 de Agosto na Romaría das Portas Abertas en Ramirás. Aquí acompañaremos a procesión e máis tocaremos na sesión vermut.
E logo, xa o Domingo 30 deste mesmo mes irémonos ata Cela - Bueu, convidados polo grupo Retrouso, a participar nun Festival de Baile e Música Tradicional.

27 jul. 2009

SEGUINTE PARADA...

Esta fin de semana andivemos por Tordoia onde disfrutamos dunha gran xornada de Romaría coas amig@s de Brisas do Quenllo que nos trataron coma se estivesemos na casa. Moitas grazas por todo e noraboa pola festa que montastedes!
Seguimos de troula, a próxima parada será o Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao, o vindeiro Domingo día 2 de Agosto. Aquí compartiremos escenario con grupos chegados de varios paises. A partir desta seguiremos informando das vindeiras datas.

De Romaría Galega por Tordoia

6 jul. 2009

REBULIR ACTUACIÓNS VERÁN 2009

E seguimos... nas vindeiras datas podedes vernos por:

- 25 e 26 de Xullo - Festival en Tordoia ( A Coruña )
- 2 de Agosto - Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao (Portugal)
- 19 e 20 de Setembro - Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro (Portugal)

Por suposto estaremos en Romarías e Festas pola Provincia de Ourense, segundo se vaian confirmando iremos informando das datas.

1 jul. 2009

ACTUACIÓN EN GRIXÓ

O Vindeiro Domingo día 5 de Xullo, os músicos de Rebulir estarán de Alborada polo pobo de Grixó en Ramirás, con motivo das súas festas patronais. Comezaremos as 10:30 da mañá nun percorrido polo pobo e xa as 12:00 do mediodía daremos outra volta pola sesión vermut.
Tras esta actuación comezaremos a preparar o Festival de Tordoia (A Coruña) ata onde nos desprazaremos o día 25 de Xullo, voltando o 26.

30 jun. 2009

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA


A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “IIº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes

Bases:

1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc.

2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítrofes (Comarca Terras de Celanova).
3. O concurso terá unha única categoría e dous premios especiais :
- Premiarase a Mellor Colección de Fotografías

- Premios especiais:
a. Mellor Fotografía
b. Fotografía máis antiga

4. Premios :
Premios a Mellor colección de Fotografías



- 1º Premio: Cámara Dixital. + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma
- 2º Premio: Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma
- 3º Premio: Un lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma

Premio especial a Mellor Fotografía
- Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma

Premio especial a Fotografía máis antiga.
- Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma


5. A mesma persoa non poderá recibir máis de un premio, prevalecendo sempre o Premio xeral ante os especiais. Neste caso entregarase o premio especial a seguinte persoa ou colectivo seleccionado.

6. O xurado será nomeado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” e as súas decisións serán inapelables.
7. As fotografías deberán ser remitidos á Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” no seguinte enderezo:



Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir
Praza de San Andrés S/N.
CP: 32810. Vilavidal – Ramirás (Ourense)

Ou ben ao Concello de Ramirás no seguinte enderezo:

Concello de Ramirás
O Picouto. s/n. 32810.
Ramirás - Ourense

e serán entregadas nun sobre con pseudónimo. Noutro sobre pechado serán incluídos os datos do participante: Nome, Enderezo, Teléfono ... etc e máis os datos referidos á fotografía segundo a ficha que acompaña estas bases.



8. A data límite de presentación dos traballos será o día 31 de Agosto de 2009.



9. Unha vez que o xurado falle os premios, daranse a coñecer a través da páxina web da Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir”, http://www.rebulir.blogspot.com/ , así como a data e lugar de entrega dos premios.



10. As fotografías participantes no concurso poderán ser copiadas pola Organización, para realizar exposicións ou publicacións, facendo referencia en todo caso á súa procedencia.



11. Todas as fotografías poderán ser recollidas polos seus propietarios durante os dous meses posteriores á data de entrega dos premios, no Concello de Ramirás. Unha vez transcorrido ese tempo, os traballos pasarán a ser propiedade da Organización.

12. A participación en calquera das diferentes modalidades deste concurso implica a total aceptación das presentes bases.


24 jun. 2009

REBULIR NO FACEBOOK

Como moitos xa sabedes xa estamos no Facebook, así xa temos outra vía de informar as actividades que facemos e máis por onde andamos. O taboleiro deste grupo serviranos tamén para que deixedes suxerencias e así poder saber a vosa opinión.
Se queredes facervos do grupo de Rebulir podedes facelo a través do seguinte enlace: Facebook Rebulir

21 jun. 2009

FIN DE CURSO 2008/09

O Sábado rematamos o curso 2008/09 con un sorriso de orgullo, posto que a xornada foi un éxito en canto a participación de membros, familiares e amigos e foi un día no que non nos podemos queixar de como sairon as cousas, os rapaces bailaron e tocaron mellor que nunca (é o que ten xogar en casa). Agora só queda facer avaliación deste ano e comezar a pensar no vindeiro ano, aínda que durante o verán andaremos por festivais, romarías, festas, alboradas... mostrando todo o aprendido.
As fotos desta xornada, xa as podedes ver na parte de abaixo desta páxina, e o vindeiro Domingo o Suplemento Vida do Xornal La Región recollerá fotografías das diferentes actividades.

10 jun. 2009

FOTOS VENRESPIRAR

@s amig@s de Gomes Mouro xa colgaron no seu espazo as fotos do derradeiro Venrespirar da tempada, onde colaboramos coa festa tocandolle unhas poucas pezas e botandolle unhas bailas. Podedes velas no seguinte enlace:

http://aoftou.spaces.live.com

8 jun. 2009

FESTA DE FIN DE CURSO EN REBULIR

O Vindeiro día 20 de Xuño en Rebulir celebraremos o Fin de Curso cunha festa na que teremos actividades durante toda a Xornada. Nos vindeiros días publicaremos o cartaz co programa das mesmas.

Tras este acto non veñen as vacacións senón que ven un Verán axetreado de actuacións. De momento podemos sinalar as seguintes:

- 2o de Xuño: Fin de Curso
- 25 de Xullo: Festival en Tordoia (A Coruña)
- 2 de Agosto: Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao (Portugal)
- 19 e 20 de Setembro: Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro (Portugal)
- E polo medio de todas estas outras Romarías e Festas, pendentes de confirmar.

31 may. 2009

REBULIR DE NOVO NO VENRESPIRAR

De novo Rebulir colaboraremos cos amigos de Gomes Mouro e Algaravia o vindeiro Venres día 5 de Xuño no derradeiro Venrespirar desta temporada. Desta vez celebrarase no Café Ollo Ledo - Parque das Mercedes (Ourense), ata alí iremos a animar un pouco o baile e botarlle unhas pezas, disfrutando do ambiente cos outros grupos que participarán e facendo unha noitiña de verbena e troula. Animádevos a vir que valerá a pena!

17 may. 2009

Máis fotos

O amigo Roi, gaiteiro de Casto Floxo, Abelente e outros proxectos musicais varios, pasounos varias fotografías e vídeos da III Noite de Fiadeiro. Estas fotos xa están incluídas na presentación que podedes atopar na parte de abaixo do Blog para que lle botedes un ollo.

Graciñas Roi!!

9 may. 2009

VIII ROMARIA RAIGAME

Coma todos os 17 de Maio, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e mais o Concello de Celanova organizan a Romaría Raigame, que este ano cumpre oito anos. O lugar elexido é o pobo de Vilanova dos Infantes, situado ao carón de Celanova.

Durante todo o día xuntaránse a armar troula músicos, bailadores, regueifeiros, cantareiras/Os, artesáns, taberneiros, animadores de rúa, etc. A festa xa é un referente no almanaque para todos aqueles que lles guste disfrutar un día ao xeito máis enxebre e tradicional.

O ano pasado, un equipo do programa alalá desprazouse ata Vilanova para adicarlle un programa a Romaría e ao Grupo Castro Floxo, e velaquí unha pequena escolma do resultado final:



E aqui vai outro vídeo para que vos fagades ainda mellor a idea: http://www.youtube.com/watch?v=S_iD07GDVjc


Rebulir coma nos derradeiros anos, tamén participaremos na festa, toda a escola ao completo iremos a botarlle uns bailes e unhas pezas. O noso turno será as 12:30 na Praza de Tralacerca e as 13:00 h na Praza Maior de Vilanova. Logo os gaiteros andaremos pola Vila animando bares e tabernas.

Tedes máis información sobre o programa, grupos, mapa, etc na páxina propia da Romaría

http://www.raigame.es/

30 abr. 2009

I SERÁN EN BOBORÁS

Os amigos Serandeiros de Boborás andan a argallar o seu I Serán para o vindeiro Sábado día 2 de Maio a partir das 8 da tarde. Algúns rebuldeiros iremos ata alí para montar troula e disfrutar da festa todo o que se poda. Ben seguro que se arma unha boa.

Moita sorte e noraboa pola iniciativa!!



28 abr. 2009

27 abr. 2009

MOITAS GRAZAS!

Aló se foi a III Noite de Fiadeiro, de novo podemos dicir que un éxito tanto en asistencia como en troula o cal debemosllo:

Aos grupos que puxeron a música: Maghúa, Jalos d´antioquia, Solpor, Castro Floxo, Cantareiras da Bola, Brixel, Cantareiras Lecer, Atalúns, Chichisos, os amigos do serán de Boborás, Rebuldeiros/as (rapaces/as, pais, avós, familiares, amigos...)...

A toda esa xente que traballou: taberneiras, pulpeira, fogueteiros, veciños de ramirás, monitores do centro de cultura xaquín lorenzo, traballadores e persoal do Concello de Ramirás, etc.

Aos medios de comunicación e blogs que fixeron difusión desta festa: cadena ser-radio ourense, onda cero, radio galega, programa luar da tvg,
a voz de galicia, la región, malmequer, mundourense.com, Ourensedixital, ghastaspista, frouma, gaiteiros galegos, canle papigil, rebordondo, maghúa, fotolog-folklore, agrupación O Castelo, Cantareirasblogspot...

E por suposto, moitas grazas, a todos os asistentes que vos animastes a vir coa noite que quedou!

Esperámosvos na IV Noite de Fiadeiro, o derradeiro sábado de abril de 2010. Quedades todos/as convidados/as !!!!!

PD: Nos vindeiros días colgaremos as fotos no blog, e tamén subiremos vídeos ao youtube, non vos despistedes!

25 abr. 2009

CHEGOU O DÍA

HOXE 25 DE ABRIL (Aniversario da revolución dos cravos portugusa) CELEBRAMOS A III NOITE DE FIADEIRO. TODO PARECE APUNTAR A QUE A CHUVIA NOS ACOMPAÑARÁ NA XORNADA... POR ESO DECIDIMOS PECHAR PARTE DA CARPA PARA QUE A AUGA NON ENTRE, ASÍ QUE ANIMÁDEVOS A VIR DE TODOS OS XEITOS QUE A TROULA ESTÁ ASEGURADA ATA ALTAS HORAS. MAIS ABAIXO TEDES O PROGRAMA E O PLANO DE SITUACIÓN.

ESPERÁMOSVOS EN RAMIRÁS!
VEN CANTAR, VEN BAILAR, VEN TOCAR OU SIMPLEMENTE PASALO BEN!!

19 abr. 2009

III NOITE DE FIADEIRO

AQUÍ VOS DEIXAMOS TODA A INFORMACIÓN SOBRE A III NOITE DE FIADEIRO
Para agrandalo pulsar sobre a imaxe.
QUEDADES CONVIDADAS/OS A VIR CANTAR, BAILAR TOCAR OU SIMPLEMENTE A PASALO BEN E DISFRUTAR DO AMBIENTE!
ESPERÁMOSVOS O SÁBADO!!

COMO CHEGAR

Pincha sobre a imaxe para ampliar

Para chegar desde Vigo/Pontevedra coller a saída da A-52 de A Cañiza/Crecente, e vir pola OU-531 por Cortegada (Direción Celanova) ata chegar ao pobo de Vilavidal, tárdase menos dunha hora.

10 abr. 2009

9 abr. 2009

III NOITE DE FIADEIRO EN MARCHA

Estamos nas semanas previas ao que será a III Noite de Fiadeiro, en Rebulir andamos a ultimar todos os preparativos para que a festa sexa por todo o alto. Recordade que a cita é o 25 de Abril na Praza de San Andrés de Vilavidal-Ramirás. Nos vindeiros días iremos presentando o cartaz e programa, o que agora vos presentaremos son os colectivos colaboradores que nos acompañan nesta edición.

- Escola Provincial de Danza-Castro Floxo (Ourense)
- Grupo de Música Tradicional Airiños d´Arnoia (Arnoia)
- Os Jalos d´Antioquia (A Limia)
- Grupo de Danza Lembranza-Solpor (Celanova)
- Pandereteiras Lecer (Pazos de Borbén)

- Cantareiros Maghúa (A Coruña)
- Grupo de Gaiteiros Brixel (Verín)
- Grupo de Música Tradicional Os Chichisos (Bueu)
- Grupo de Música Tradicional Atalúns (Pontevedra)
- Cantareiras da Bola ( A Bola)


Por suposto, a estes poden unirse todos aqueles que queiran botarlle unhas pezas ou cantigas, o torreiro está aberto a todos os visitantes.

8 abr. 2009

Fotos do Venrespirar

Os amigos da AOFT Gomes Mouro xa colgaron no seu espazo as fotos do pasado Venrespirar na Efémera (Ourense), onde os rebuldeiros participamos tocando e mesmo levando algo o baile, podedes velas no seguinte enlace:

http://aoftou.spaces.live.com/

27 mar. 2009

REBULIR NO VENRESPIRAR

O Vindeiro Venres día 3, Rebulir colaborará cos Venrespirar, tanto no que se refire ao baile como a música. A cita será na cafeteria A Efémera de Ourense, por baixo do Auditorio Municipal, a partir das 22.30 da noite. O noso agradecemento a Algaravia e Gomes Mouro, por contar con nós. Esperemos axudar a montarlle unha boa festiña, poremos todo da nosa parte!
.

Se querede máis información e mesmo ver algunhas fotos doutros venrespirar podedes visitar o espazo de Gomes Mouro no seguinte enlace:

http://aoftou.spaces.live.com/

23 mar. 2009

XA DE VOLTA

Xa estamos de volta de terras catalanas. Foron 3 días moi intensos nos que visitamos Zaragoza e Barcelona, ademais de Terrassa. Tivemos dúas actuacións que resultaron sair moi ben, cunha importante participación do público. Xa están algunhas fotos publicadas no blog, e nos seguintes días iremos engadindo máis. Se queredes velas ide a parte de abaixo deste blog.
.
Agora a seguir ensaiando e traballando, tal e como se dí en La Región do Domingo 22, que podedes ver premendo aqui .
.
As seguintes citas de Rebulir serán:
- 3 de Abril - Venrespirar en Ourense
- 25 de Abril - III Noite de Fiadeiro
- 2 de Maio - I de Serán en Boborás
- 17 de Maio - Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes
- 27 de Xuño - Festa de Fin de Curso.
- 25 de Xullo - Festival da Romeria Galega de Tordoia (A Coruña)
- 2 de Agosto - Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao (Portugal)
- 19 e 20 de Setembro - Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro. (Portugal)

4 mar. 2009

REBULIR NA X MOSTRA DA DIVERSITAT CULTURAL DE TERRASA

A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir participará na X Mostra da Diversitat Cultural de Terrassa-Barcelona, os vindeiros días 20, 21 e 22 de Marzo, representando a comunidade galega e máis concretamente a Ourense.

A esta Mostra desprazarase o grupo de baile de adultos de Rebulir e o grupo de Gaiteiros, compartindo esceario con grupos de: Catalunya, Andalucía, Extremadura, Murcia, Castela a Mancha, Aragón, Senegal, Bolivia, Ecuador e Perú. Podedes consultar o programa desta mostra nos seguintes enlaces:


- Mostra da diversitat cultural 2009 (Páxina Ayuntament)

3 mar. 2009

HOXE NO ALALÁ OS JALOS D´ANTIOQUIA

Hoxe no programa Alalá da TVG un grupo da Limia, Os Jalos d´Antioquia, grupo festeiro onde os haxa. Moi recomendable que o vexades se podedes a eso das 21.30 h, porque este programa promete moito. Os de Alalá presentanos así:
Contaxiados da maxia do Entroido de Xinzo de Limia, os de "Alalá" descubriron tal e como conta a lenda- o cantar dos Jalos dAntioquía baixo a asolagada Lagoa de Antela. Esta é a lenda pero o certo é que os Jalos d Antioquia é un grupo de músicos que leva a festa como estandarte e a súa misión é cantar e tocar ata que o corpo aguante, en festas, ceas, celebracións varias, tabernas e alá onde eles e o seu público estean dispostos a pasalo ben.
Para abrir boca un video na pasada edición da Romaría Raigame:

7 feb. 2009

CAMIÑANDO CARA A III NOITE DE FIADEIRO...

Xa andamos argallando o que vai ser a III Noite de Fiadeiro, que como ben sabedes se celebra o derradeiro Sábado de Abril, este ano día 25.
Estamos contactando con grupos que desexen colaborar. Se algún grupo de música tradicional ten interese en participar nesta edición, podedes enviarnos unha solicitude ao enderezo: rebulir@hotmail.com, que deberá incluir datos básicos (nome, contacto, número de compoñentes...etc). Tamén podedes enviar por correo postal a: Rebulir. Praza de San Andrés s/n. 32810. Vilavidal-Ramirás-Ourense. Ou mesmo chamando ao 639 90 80 05. Temos un cupo , polo que se escollerán os grupos colaboradores segundo a orde de chegada das súas solicitudes.
A data límite para a recepción de solicitudes será o día 1 de Marzo, para conformar xa o cartaz definitivo durante ese mes.
Aqui tedes un video da pasada edición.

2 feb. 2009

IMOS DE VENRESPIRAR

Comezan de novo, os venrespirar en Ourense .Festas itinerantes de música e baile, organizados por "Algaravía" e "AOFT Gomes Mouro".Realízanse en diferentes locales da cidade de ourense e coinciden este ano, no primeiro venres de cada mes salvo en maio, que será o segundo, o dia 8, (comezan as 22:30)Aquí tedes as datas e lugares:

- 6 de Febreiro......Grándola
- 6 de Marzo........Foula
- 3 de Abril...........A Efémera - (REBULIR encargarase da TROULA)
- 8 de Maio..........Don Gaetano
- 5 de Xuño..........Ollo Ledo

Estas festas están abertas a toda a xente que queira vir e participar, xa sexa tocando, bailando, cantando ou simplemente Tomándolle algo e disfrutando do ambiente. Quedades todos convidados a vir e participar!!!

28 ene. 2009

CONVIDADOS DE NOVO

A Escola de Etnografía da Casa do Povo de Cacia ven de convidar de novo a Rebulir a participar no seu Festival Internacional Xuvenil que se celebrará os dias 19 e 20 de Setembro en Cacia-Aveiro (Portugal). Ata alá nos voltaremos a desprazar o grupo de Medianos da nosa escola e mais o grupo de gaiteiros.


Será un pracer poder disfrutar de novo deste festival, asi que lle agradecemos moito aos organizadores que volten a contar con nos.

Fotografía de Grupo no Festival de Cacia-Aveiro en Setembro 2008

24 ene. 2009

PECHANDO DATAS...

Comezamos a saber xa dalgunhas actuacións para os vindeiros meses:

- 21 de Marzo: Actuación en O Mosteiro ( Ramirás )
- 25 de Abril: III Noite de Fiadeiro
- 2 de Maio: I Serán de Boborás
- 17 de Maio: Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes

En canto vaiamos confirmando máis datas xa vos iremos informando.

15 ene. 2009

PECHE DA EXPOSICIÓN NO PICOUTO

O vindeiro Sábado día 17 será o derradeiro día para poder disfrutar da exposición "Os Tempos de Antes. Fotografias Antigas de Ramirás" no Centro Cultural de O Picouto, xa que tras esta xornada será recollida.

Tras o éxito da exposición, esta percorrerá os diferentes centros culturais do Concello para facela máis extensible e asequible de visitar a todos os habitates do Concello, que se atopan vivindo en outros pobos.

Imaxe da Exposición en O Picouto

10 ene. 2009

RETOMAMOS...

Voltamos ao traballo despois destas "vacacións" de Nadal, así que o Sábado día 10 no horario habitual comezaremos as clases, con algunhas renovacións no local como a incorporación de espellos e instalación do equipo informático.
E agora a seguir traballando neste 2009 con máis ideas e as mesmas ganas de traballar. Ide apuntando a data: O 25 de Abril teremos a III Noite de Fiadeiro que este ano intentaremos que sexa se cabe mellor que o ano anterior. (Aceptanse ideas e propostas ).

3 ene. 2009

NOVAS FOTOS E VIDEOS

Boas de novo.

Xa rematamos o programa de actividades de Nadal e mellor que falar da participacion no mesmo preferimos poñer as fotografías das diferentes actividades para que xuzguedes vos mesmos/as, así que ide a parte baixa do blog e poderedes botarlle unha ollada. Tamén subimos algúns vídeos ao youtube do III Festival BMT Rebulir (un por grupo) a continuación aparecen os enlaces aos mesmos.
Temos que agradecer estes vídeos ao noso amigo Benito do Grupo Retrouso, por enviarnolos.