Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2007

PISTOLETAZO DE SAÍDA !!

O vindeiro sábado día 6 de Outubro , faremos a inaguración do curso e presentación das actividades , a partir das 4 da tarde no Centro Sociocultural de San Andrés , o cal xa está totalmente habilitado para o noso arranque ! . O inicio das clases será o día 13 de Outubro para baile e canto e pandeireta e o 20 de Outubro para Gaita e Percusión . Esperamos vervos alí a todos os interesados !

Chegada de instrumentos a Rebulir

A Deputación de Ourense , concedeunos hoxe unha partida de instrumentos TRADICIONAIS , para a posta en marcha da escola Rebulir .Estes instrumentos serán construidos no obradoiro de instrumentos populares da Deputación de Ourense . A partida consta de : 5 gaitas tradicionais en tonalidade de DO 6 pandeiretasde 9 pares de ferreñas 2 tamboriles de nogal 1 Bombo 2 pandeiros 10 palletas 10 pallons Iremos ampliando pouco a pouco o noso fondo instrumental , pero como partida está bastante ben .

HORARIOS 2007

PINCHA NO HORARIO PARA AMPLIALA

INAGURACIÓN

O Concello de Ramirás inaugurará o próximo Sábado día 6 de Outubro a súa primeira escola de Baile e Música Tradicional . O nome escollido para esta escola é o de “ Rebulir ” . Estará situada no Centro Sociocultural de San Andrés , no pobo de Vilavidal pertencente a dito Concello. O curso partirá con un número aproximado de 40 alumnos de todas as idades , desde 4 anos en adiante . Impartiranse clases de Baile tradicional , Canto e Pandeireta , Gaita Galega e Percusión Tradicional , complementando a súa formación con nocións básicas da etnografía galega .Tamén se organizarán periodicamente outras actividades paralelas para o lecer dos dos alumnos e demais habitantes do Concello tales como : festivais , xornadas lúdicas , a II noite de fiadeiro , xornadas de xogos tradicionais ... etc. A matrícula nesta escola é totalmente gratuíta xa que está financiada na súa totalidade polo Concello de Ramirás . Nace así un núcleo para a recuperación e mantemento da tradición neste recuncho da Provinci